Skip to Content

PLAMBE

Taller de Podcast en 5ºA e 5ºB

Clic na imaxe para acceder á entrada

Taller de podcast

Santa Comba en Cores

CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTIDO

Santa comba en cores

Presentación PLAMBE

clic na imaxe para acceder

PLAMBE

PlamBe 21-22

 

Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2020/2021

 

O noso centro foi admitido na convocatoría deste curso académico.

 

Podes ver información da convocatoria e resolucións facendo clic na imaxe que segue:

PlamBe 21-22

 

Podes seguir algúns dos froito que vai dando o noso proxecto facendo clic na imaxe que segue

PlamBe 21-22

 

Que é o PLAMBE?

O PLAMBE é un programa iniciado en 2005 que está a impulsar a transformación das bibliotecas escolares en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Pero máis aló dos recursos, as bibliotecas son un instrumento esencial para a innovación educativa na medida en que propician e lideran a utilización de metodoloxías activas, a integracións das TIC en contextos reais de aprendizaxe e o traballo por proxectos.
 
As bibliotecas  facilitan oportunidades de aprendizaxe en moi distintos ámbitos e son un espazo de encontro entre os diferentes membros da comunidade escolar. O seu funcionamento é esencial para o desenvolvemento do currículo pois apoia a todas as áreas e materias, non só cos recursos informativos que proporciona, senón tamén coas actividades que organiza en beneficio de toda a comunidade escolar. A lectura, entendida en sentido amplo, como alfabetización múltiple, a lectura do século XXI, é a base de todas as actuacións da biblioteca, pero tamén son fundamentais as actividades relacionadas co mundo da información. O alumnado precisa de forma urxente ser formado no uso, tratamento, aproveitamento e produción da información, nos múltiples formatos e soportes nos que hoxe se presenta na sociedade.
 
O Plan de mellora de bibliotecas escolares facilita recursos, formación e obxectivos comúns a un profesorado interesado en facer da súa biblioteca un espazo de aprendizaxe, en liña coas esixencias da normativa educativa vixente. Un total de 575 centros públicos forman parte desta "rede de bibliotecas escolares" de Galicia. 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut