Skip to Content

Novas

MANIFESTACIÓN 23 de Febreiro

Boas tardes familias.

 

Necesitamos da vosa axuda, este VENRES 23 de febreiro AS 16.30h no aparcamento donde están os autobuses, cando salgan as rutas, faremos unha manifestación.

 

A manifestación trata de que NECESTIAMOS urxentemente que nos escoiten e que veñan facer unha reforma o colexio, xa que unhas das cousas máis urxentes e que chove dentro das aulas.

 

Como e xusto a saída do colexio, tamén pedimos que incluso os nenos e nenas que vaian no autobús os pais xa recollan alí donde o portal dos autobuses os nenos e nenas e que se queden na manifestación e incluso si veñen tamén av@s mellor, CANTO MÁIS XENTE MELLOR.

Xa sabemos que ese día tamén dan algo de chuvia, pero porfavor, que unhas gotas de agua non vos boten para atrás.

 

SIMPLEMENTE VOS ESPERAMOS O VENRES.

 

Grazas.

 

 

 

Charla sobre uso responsable de redes sociais e novas tecnoloxías.

Boas familias:

Preocúpanche os perigos que pode haber nas redes sociais e internet para o teu fillo ou filla?
 
Como pais e nais necesitamos ter claros cales son os riscos aos que se enfrentan para así poder axudarlles a que teñan unha navegación segura para eles.

Un experto da garda civil virá darnos unha charla sobre o uso seguro de redes sociais e novas tecnoloxías o venres 1 ás 17:45 horas. Trátase dunha charla gratuíta dirixida a pais e nais do alumnado do noso colexio.

Animádevos a asistir, só tendo toda a información posible poderemos axudarlles

 

DÍA SEN COLE

Bos días familias:

 

Recordamos que este venres día 13 de outubro non haberá clase.

 

Si queren ou non tedes con quen deixar os vos@s rapaces que mellor opción que contratar este servicio (o que aparece a continuación no cartel) para venres.

 

Podedes pedir información no teléfonos que aparecen.

 

TEDES QUE RESERVAR ANTES DO DÍA.

 

Podedes traer a comida da casa ou por 5€ a maiores tedes estos menús a escoller:

-Milanesa de polo con espaguetti.

-Alitas de polo con arroz.

-Calamares con patacas.

-Ensalada con pizza.

Postre a escoller: froita, flan, iogur ou xeado.

 

Horario de 7:30 - 20:00

 

Un saúdo.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 23/24

Boas tardes familias.

 

Este curso temos moitisimas novedades de actividades extraescolares.

 

Podédovos anotar ata o LUNS 25 DE SETEMBRO AS 22HS.

 

Aquí vos deixamos o cartel con todas as actividades que temos este curso.

 

Recordade que o ser Socios da Anpa, que a actividade salvos máis barata.

 

 

 

 E  a continuación tedes o enlace para anotarvos.

 

https://forms.gle/AKqS3N1vCNimeniM9

 

Feliz día

SOCIO ANPA 2023

Moi boas familias.

 

Como cada ano nas librerías Repro e Ler deixaremos ali o documento para que te poidas facer socio ou renovar o carné de socio (recorda levar o carné para que poidan sellalo).

 

A cuota sería 20€/ ano.

 

A continuación deixovos a imaxen para que vexades as ventaxas todas que poidades ter por ser SOCIO DA ANPA. 

 

Para nós e moi agradable que vos fagades socios e incluso e un apoio moi importante.

 

Moitas grazas por todo.

 

Un saúdo.

 

 

 

Servizo de Cambio de Roupa 2023

Boas familias:

 

A Anpa Xallas ofrece ás familias do colexio un servizo de CAMBIO DE ROUPA para axudálas na concilación da súa vida laboral e familiar, en horario de 9:30 as 16:00.

 

O servizo levarase a cabo cun mínimo de 10 usuarios.

 

Para máis información contacta por teléfono ou whatsapp co número 636 796 459.

 

Esperemos que este ano por fin poidamos realizar este servizo chegando os mínimos de usuarios.

 

Un saúdo.

 

Benvida curso 23/24

Boas familias:

 

Aquí vos deixo este carteliño para que lle botedes un ollo e así tamén vedes algunha información da Anpa.

 

Grazas.

 

 

Mini tardes setembro 2023

Boas tardes familias. 

 

Xa estamos en Setembro asique para este mes ofrecemos este servicio para todo aquel que o necesite.

 

Recordamos que os que tedes servizo de tardes divertidas non tedes que solicitar servizo.

 

Grazas.

Convocatoria asamblea 2023

Boas familia

 

Informámosvos que o próximo venres 16 ás 20:00h teremos a última asamblea deste curso cos puntos detallados.

 

Teremos servizo de conciliación pos pais que o necesiten (se nos podedes avisar para ter unha estimación agradecémovos.)

 

Agradecemos a vosa asistencia.

 

Grazas.

ASINAR PARA POÑER A ALARMA

Boas tardes familias:

 

Como ben sabedes nos últimos meses o cole ven sufrindo constantes roubos e actos de vandalismo.

 

Nas últimas semanas tanto desde a dirección do colexio como desde a directiva da ANPA presentamos unha solicitude ao Concello para que instalen un sistema de alarma no edificio do colexio para evitar estos actos... que ademáis vemos que están indo a peor. De momento non recibimos resposta.

 

Por este motivo estamos organizando unha recollida de firmas para que todos os pais e nais que o desexen o asinen e seunan a esta petición.

 

Deixamos copias dos documentos nas librerías Ler e A Repro para que poidades ir asiar. Pode asiar calquera pai, nai (ou os dous xa sería mellor) ou titor/a legal de ser o caso. 

 

A data límite para ir asinar é o día 15 ás 10:00 da mañá.

 

Desde a ANPA queremos animarvos a que asinedes o documento para poñer fin a este problema o antes posible. 

 

Tamén decirvos que a primeira recollida de firmas, xa se entregou (aínda que foron poucas) pero, ao comezar no concello un novo alcalde o día 17 vemos adecuado poder entregar as novas firmas ao novo alcalde.

 

Moitisimas grazas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut