Skip to Content

Novas

HABILIDADES SOCIAIS

Podes descarga o documento en formato para imprimir facendo clic na imaxe que segue:

Habilidades sociais

11 de outubro Día Internacional da Nena

Día Internacional da nena

 

O 11 de outubro celebramos o día Internacional da nena. Dende o CEIP Barrié de la Maza cremos que a igualdade entre os xéneros non é só un dereito humano fundamental, senón a base necesaria para coneguir un mundo pacífico, próspero e sustentable.

Día Internacional da nena

Para iso, ao longo do día de hoxe, o noso centro levará a cabo a actividade "Que significa facer algo como unha nena" para concienciar ao noso alumnado dunha realidade que todas xuntas podemos cambiar. 

(fai clic na imaxe para acceder a máis recursos)

Día Internacional da nena 

 (Descarga a actividade facendo clic na imaxe)

Actividade Día Internacionnal da nena

Día Mundial da Saúde Mental

Día Mundial da Saúde Mental

O 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. A Organizacións Mundial da Saúde (OMS) centrou este ano o evento na prevención do suicidio.

Na páxina oficial pódense atopar algúns recursos e folletos tanto para profesorado, xerentes e empregados, persoal de emerxencias e traballadores da saúde.

Folleto falemos

Importancia da estimulación en Educación Infantil

Dende o DO do CEIP Barrié de la Maza facilítase este documento con algúns consellos para axudar a estimulación das persoas máis pequenas da casa.

 

Importancia da estimulación en Educación Infantil

Idade de adquisición dos distintos fonemas

Dende o DO do Barrié de la Maza deixamos a disposición das familias unha pequena guía para saber a que idade se deberían adquirir os distintos fonemas.

(fai clic na imaxe para descargar o arquivo)

Adquisición de fonemas

Becas para alumnado con NEAE curso 2019/2020

Dende o DO do CEIP Barrié de la Maza lembramos que se poden solicitar axudas para alumnado con NEAE. O prazo remata o 26 de setembro de 2019.

 

Descarga a información facendo clic na imaxe

Becas NEAE 2019/2020

O ACOSO ESCOLAR

O departamento de Orientación presentou ás familias de todo o alumnado do Barrié de la Maza en dúas reunións, a guía de Acoso Escolar do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que está publicada no portal educativo da Xunta de Galicia. Ademais abórdanse outros temas de interese educativo.

DÍA MUNDIAL AUTISMO

Co gallo da celebración do Día Mundial do Autismo, que se celebra oficialmente o dous de abril, no noso centro o pasado 3 de abril leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar o mesmo. Unha delas foi a elaboración dun mural sobre a ruptura de barreiras sobre o autismo e a colga de globos azuis en todas as fiestras do centro para sensibilizarnos e concienciarnos das dificultades que pode ter este alumnado e como podemos axudarlle.

 

 

ORIENTACIÓNS EDUCATIVAS PARA AS FAMILIAS: O TEMPO LIBRE.

Desde o Departamento de Orientación do CEIP Barrié de la Maza queremos compartir coas familias unha serie de pautas e orientacións que poden ser de moita utilidade á hora de educar aos nenos e nenas en idade infantil: comezaremos falando do tempo libre dos nenos e como organizalo e xestionalo.

 

 

 
O TEMPO DE LECER

 

 

O tempo libre é o tempo que temos a nosa disposición fóra das obrigas escolares e laborais.Podemos empregalo axeitadamente para desenvolver as nosas capacidades e enriquecer as nosas experiencias persoais ou malgastalo.

CONTOS ARREDOR DA LAREIRA

Contos arredor da lareira

 

Como xa se vai achegando o frío no CEIP Barrié de la Maza instalamos unha preciosa lareira e, como chove, pois.... que mellor sitio para estar e, de paso, escoitar uns bonitos contos.

Os nosos alumnos, dirixidos por Mª Carmen Lodeiro, adaptaron uns contos, debuxáronos e despois de xantar, interpretáronos para todos os seus compañeiros .

Nin que dicir ten que como andamos en tempos de SAMAÍN deberon ter a axuda dalgún trasniño bo ou dalgún bebedizo, porque as actuacións  lle saíron moi ben. PARABÉNS PARA TODOS ELES.

Aquí  podedes ver algunhas fotos das actuacións.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut