Skip to Content

CP Inclúe

CP Inclúe

Contratos-programa

 A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (en adiante CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora a través da solicitude dalgunha das 5 actuacións de que consta o contrato-programa, co fin de acadar o máximo desenvolvemento da personalidade e das potencialidades do alumnado contribuíndo, deste xeito, á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

Contratos Programa

1. QUÉDA-T (Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar).

A Unión Europea establece como prioridade estratéxica para a vindeira década mellorar a calidade, a equidade, a inclusión e o éxito para todos na educación e a formación. O abandono temperán da educación supón unha diminución nas oportunidades socio-económicas do alumnado. Se ben este indicador reduciuse na última década, continúa supoñendo un desafío para as administracións educativas, sobre todo cando se intúen as consecuencias da pandemia da covid-19.

2. IGUÁLA-T.

A educación é clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de identidade de xénero e o respecto a todas as persoas. Os centros educativos desempeñan un importante papel no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolles a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

3. CONVIVE-T.

A escola, como unha das grandes institucións sociais que é, ten a obriga de ser un ámbito de convivencia pacífica, democrática e respectuosa dos dereitos de todos os seus integrantes, pois só así adquire significado a tarefa educativa. En consecuencia, todas as accións que se poñan en marcha para xerar un clima de seguridade, respecto e confianza no contexto escolar logran que se fomente no alumnado unha mellora da convivencia, promovendo un sentimento e interese pola diversidade de calquera índole.

4. INCLÚE-T

Falar de inclusión educativa supón identificar, eliminar ou minimizar, de ser o caso, as barreiras que, derivadas de condicións persoais ou sociais do alumnado, poden limitar o seu proceso de participación e aprendizaxe no centro ou na aula. Unha escola inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas e se estimulan as capacidades e responsabilidades sociais, traballando en colaboración coas familias e outros membros da comunidade.

5. EMOCIÓNA-T

Trátase dunha actuación necesaria, e máis nestes tempos de pandemia, para poñer en valor a importancia e repercusión das aprendizaxes non cognitivas (emocionais) para o benestar e o progreso social, coa vontade de optimizar a calidade educativa como un sinal permanente nos contextos escolares.

 

PÁXINA OFICIAL DA CONSELLERÍA

Pendetes de aprobación no curso 2019/20

Contratos-programa

Os centros docentes, para lograr a equidade e a excelencia na educación, deben desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, teñen que organizarse de xeito diferenciado, planificando os seus recursos e desenvolvendo as actuacións necesarias para o logro duns obxectivos concretos nun período de tempo determinado. Contratos Programa

Pendentes de aprobación para o curso 2019/2020

pendente aprobación

Disporase de máis información unha vez rematada a convocatoria. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut