Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

COMEZA O CURSO CON CÉ E A ORQUESTRA PANTASMA

O pasado luns deu comezo un novo curso no CEIP Barrié de la Maza de Santa comba, para celebrar esta volta ao traballo achegouse ao noso centro o home-orquestra César Freiría co seu espectáculo "Cé e a Orquestra Pantasma". Todos e todas gozamos moito con esta actuación e cantamos e bailamos as súas divertidas cancións!!!

 

 

 

OBRA DE TEATRO "MAMÁ CABRA E OS SETE CABRITIÑOS" (6ºB)

Obra de teatro realizada polo alumnado de sexto b para fin de curso, preparada na área de Expresión e Comunicación.

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO (1ª parte)

Na seguinte ligazón podedes ver un video do que foi o festival de fin de curso no Barrié: bailes, coreografías, despedidas, premios e demais. Que pasedes unhas felices vacacións!!!

Obra de teatro "Isto éche unha desgracia"

Obra de teatro realizada polo alumnado de 6º B no festival de fin de curso.

ENTROIDO 2017

A pasada semana celebramos o entroido no colexio cunha festa de disfraces na que elaboramos batidos naturais con froita, leite... e degustamos os doces tradicionais destas festas como son as orellas, filloas... Nestes días tamén celebramos o xoves de compadres e comadres, ademais da queima do Meco...

Aquí podedes ver o álbum de fotos das celebracións do entroido (xoves de compadres e comadres, queima do Meco...)

Este álbum irá completándose progresivamente.

 

CÓCTELES SEN ALCOHOL

 

Publicamos en documento adxunto as receitas e ingredientes dos cócteles sen alcohol que os nenos disfrutarán mañá na festa de entroido. Con estos cócteles pretendemos seguir promocionando un estilo de vida saudable, unha alimentación sa e a prevención da drogodependencia.

 

ENTROIDO 2017

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no centro o Dia da Paz. Para conmemoralo os nenos e nenas do centro elaboramos cada un o noso "Caramelo da Paz" cos nosos mellores desexos de paz, amizade e amor. Nun acto organizado no ximnasio do centro, os nenos intercambiaron estas lambetadas de paz con outros alumnos e alumnas do colexio cun bico e unha aperta, para transmitir os nosos mellores desexos e que a paz se constrúa cada día entre o noso alumnado.

Ademais desta actividade, todos os alumnos participaron na elaboración de diferentes murais que recollen información sobre mulleres que foron premiadas co Nobel da Paz, fíando así este tema coa próxima celebración do Día Internacional da Muller (8 de marzo)

 

Tamén se realizou outro mural "A paz nas nosas mans". con todo o simbolismo das mans na busca da construcción da paz e dun mundo mellor e máis unido. Os nenos deberán buscar un sentido a esas fotos e explicar o que simbolizan.

Premendo enriba destas fotos que a continuación podedes ver, accederedes ao album da actividade.

Actuación Escola Municipal de Música de Santa Comba

O pasado xoves 12, recibimos no centro a visita dos mestres da Escola Municipal de Música de Santa Comba, que nos deleitaron cunha actuación na que puidemos aprender moitas cousas sobre instrumentos, conceptos musicais... e animáronnos a que nos apuntásemos á súa escola e nos formásemos nas destrezas musicais. Co ben que o pasamos ese día seguro que moitos nenos marcharon moi interesados para casa.

Premendo enriba das fotos podedes acceder ao album de fotos da actuación:

 

Actividades Nadal

Co gallo da celebración do Nadal, o centro organizou diferentes actividades co alumnado para conmemorar estas datas.

En primeiro lugar recibimos a visita das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, que percorreron todas as aulas do centro, deixando agasallos ao alumnado do colexio que recibiu con moitísima ilusión esta visita.

Podedes visitar o album de fotos clicando aquí.

O derradeiro día tivemos unha celebración por partida triple: a primeira hora da mañá os nenos e nenas de Ed. Infantil, 1º e 2º curso recibimos no colexio a Papá Noel. Posteriormente no ximnasio todos os nenos e nenas cantamos panxoliñas típicas destas épocas de Nadal e no comedor escolar, disfrutamos da tradicional chocolatada con churros, onde lle fixemos un merecido homenaxe á nosa cociñeira Maruja, que se xubilaba despois de tantos anos de traballo e adicación ao noso centro.

 

Premendo neste enlace podedes ver as fotos da visita de Papá Noel.

 

 

Premendo neste enlace podedes acceder ás fotos da chocolatada.

E premendo aquí podedes ver as fotos das actuacións.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut