Skip to Content

Actividades complementarias e extraescolares

BO NADAL E FELIZ 2017

Queremos desexarlle a toda a comunidade educativa do CEIP Barrié de la Maza unhas felices festas e un próspero ano 2017 no que se cumpran todos os vosos mellores desexos, e no que poidamos seguir traballando xuntos con unión e esforzo.

Para felicitarvos as festas poñemos unha escolma dalgunha das árbores de Nadal coas que se decorou o centro.

Bo Nadal e feliz 2017!


 

 

 

 

DÍA DO CINE NA ESCOLA.

O pasado venres 9 de decembro celebramos no centro o Día do cine no noso centro, coa proxección da película para todos os nenos e nenas de Ice Age 5. Cada neno accedeu á sala de cine coa súa entrada coa que tiñan dereito a degustar unhas palomitas preparadas polo persoal do centro. Foi unha experiencia moi boa na que desfrutamos dunha sesión cinematográfica completa.

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

O pasado día 25 de novembro co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero realizamos unha actividade no centro que consistiu nun grafiti realizado polo grupo "Cultura urbana e ocio activo (Vella escola)" no que participaron activamente os alumnos de 6º curso.

 

 

Con esta actividade tratouse de concienciar aos nenos e nenas de que todos somos iguales e que todos merecemos ser tratados con respecto.

Xornada de "xogos do mundo"

O pasado luns 20 de xuño, levouse a cabo no centro a xornada de "xogos do mundo", enmarcada dentro do proxecto multicultural da biblioteca "A volta ao mundo en 80 accións". Organizáronse circuítos no patio do colexio para Ed. Infantil e Ed. Primaria onde puidemos descubrir xogos de diferentes países do mundo como Canada, Suecia, Camerún, Pakistán...

Pasamos un día moi divertido onde descubrimos como se divirten os nenos de diferentes recunchos do mundo.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.

Fotos celebración Nadal

Aquí tedes a galería cos fotos das actividades que realizamos o último día antes de Nadal: peliculas, visita de Papá Noel, proxección do lipdub e dos "cantos de reis", chocolatada, panxoliñas...

Foi un día moi intenso

Premendo neste enlace podedes ver máis imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut