Skip to Content

Entregados equipos EDIXGAL e información para familias

entregados equipos edixgal e info familiias

Queridas familias hoxe foi un día de alegría para o alumnado de 5º e 6º de EP do centro porque  recibiu os equipos de EDIXGAL. O obxectivo e que os carguen na casa e teñan un primeiro contacto con eles e os vaian descubrindo na fin de semana.  Ao longo da semana próxima recibirán as súas credenciais de acceso á plataforma EVA e a súa primeira formación.

É moi importante que consultedes o documento seguinte sobre todo no que se refire á información sobre o seguro non obrigatorio pero recomendable para os equipos. 

(clic na imaxe para descargar)

EDIXGAL 2021-22

Se aínda non o fixeches consulta tamén o folleto informativo para familias que ten información de interese. 

 

Deixamos por último aquí unha imaxe da información que hai nese documento no tocante ao seguro.

Seguro Edixgal

 

Antes as dúbidas sobre o seguro e realizada consulta a EDIXGAL, informaron que tamén se pode realizar a solicitude do seguro voluntario a través da páxina:

https://coberturasir.plexus.es/

PODES DESCARGAR AQUÍ O MANUAL

 

Deberedes rexistrarvos para poder acceder ao servizo e xestionar a solicitude do seguro, de así desexalo.

Pedirán certos datos que hai no equipo como:

  • Nome do centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
  • Número de serie do equipo: que podedes atopar tanto na pegatina que puxemos dende centro como debaixo do ordenador.
  • Modelo: os nosos equipos son Lenovo.

 



page | by Dr. Radut