Skip to Content

Carreira Solidaria, “NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL”

Carreira Solidaria

 “NON MÁIS BARREIRAS – DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL”

 

 

Hoxe tivo lugar a carreira solidaria para recadar fondos para ASANOG "Asociación de axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia". Por un circuíto circular de 500 metros foron correndo os nenos e nenas en quendas. Por cada volta percorrida cada neno ou nena ten distintos patrocinadores que se comprometen a doar unha cantidade de cartos (máximo 0,50 euros) por volta percorrida.

(Accede á galería facendo clic na imaxe)

Carreira Solidaria

 

Pola tarde foi a quenda na que participaron persoas adultas: mestres, mestras, pais, nais e persoal do centro.

 

Ademais, tamén participamos na dinámica #PaintGold que ten como finalidade visibilizar á loita contra o cancro infantil, polo que cada alumno ou alumna pintou na súa cara dúas liñas de cor dourada.

 

Carreira Solidaria 

 

A vindeira semana faremos o reconto de todo o recadado e organizaremos un acto de entrega de toda a recadación á dirección de ASANOG.

 

Pasámolo xenial, facendo exercicio e traballando por unha boa causa.

 

DEÁMOSLLE A VOLTA AO CANCRO INFANTIL!!!!

 


Entrada orixinal desta nova no blog do PDC, podes vela aquí



page | by Dr. Radut