Ciclo Superior de Paisaxismo
Enviado por Admin o Ven, 08/09/2023 - 06:11Concedido o Ciclo Superior de Paisaxismo e Medio Rural.
O prazo de matrícula permanecerá aberto durante todo o mes de setembro.
Vales de material 23/24
Enviado por jcarlosgb o Ven, 21/07/2023 - 14:30Están dispoñibles os VALES para adquirir MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2023-2024. A partir da semana que vén, o alumnado solicitante destas axudas que se matriculou no período ordinario (xuño-xullo) pode recoller os vales na conserxería do centro de 9:30 a 14:30 horas.
Recoméndase chamar antes ao centro para consultar o estado da solicitude.
Libros de texto 23/24
Enviado por jcarlosgb o Mar, 11/07/2023 - 09:21Achégase a relación de libros de texto para o curso 23/24.
Convocatoria de premios de ESO ao esforzo e superación persoal
Enviado por jcarlosgb o Xov, 06/07/2023 - 08:31Anúnciase a convocatoria dos premios da ESO ao esforzo e superación persoal. Achégase información sobre o procedemento e premios.
Impresos de Matrícula (ESO e BACHARELATO). Curso 2023-24
Enviado por Admin o Lun, 26/06/2023 - 04:30PRAZOS DE MATRÍCULA
Desde o 26 de xuño ata o 7 de xullo de 2023
IMPRESOS DE MATRÍCULA
- Impreso para o Seguro Escolar. Facer tres copias. Só o alumnado que se vai matricular en 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato debe aboar a taxa do seguro escolar (1,12 €).
TRANSPORTE ESCOLAR
COMEDOR ESCOLAR
AUTORIZACIÓN DE IMAXE
AUTORIZACIÓNS
Admisión de alumnado en Ciclos Formativos - Curso 2023/24
Enviado por jcarlosgb o Ven, 23/06/2023 - 14:53Nos seguintes folletos informativos poderás obter información xeral dos ciclos que impartimos:
[GALEGO] [CASTELLANO]
· CICLO SUPERIOR XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
· OFERTA MODULAR CICLO SUPERIOR PAISAXISMO E MEDIO RURAL
Folletos informativos: [GALEGO] [CASTELLANO]
· CICLO MEDIO DUAL APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL
Folletos informativos: [GALEGO] [CASTELLANO]
As solicitudes de inscrición de ciclo superior e medio deberán realizarse mediante o asistente informático vía web na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/
Tes máis información dos ciclos do centro nos folletos anexos.
Fin de curso
Enviado por Admin o Mér, 21/06/2023 - 09:51ENTREGA DE NOTAS:
A entrega de notas será o venres 23 a partir das 14:30h en papel e a partir das 15:00h en Abalar.
PERIODO DE RECLAMACIÓNS:
O periodo de reclamacións comprenderá os días 26 e 27 de xuño.
ORDENADORES E-DIXGAL:
O alumnado que no próximo curso 2023/24 non vaia permanecer no centro nun grupo E-Dixgal deberá entregar os seus equipos en perfectas condicións e cos seus correspondentes accesorios: maletín, cargador, e, dependendo do modelo, lapis do equipo.
- Os alumnos/as de 4º ESO A o día 26 de 9:30 a 14:00.
- Os alumnos/as de 4º ESO B o día 27 de 9:30 a 14:00.
En cambio, o alumnado que continúe no proxecto E-Dixgal, poderá dispoñer do equipo durante o período estival.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »