Carmén Pavón Souto Premio Extraordinario de Bacharelato !!!!!!
Enviado por Admin o Xov, 04/10/2018 - 07:17A alumna do IES San Rosendo Carmen Pavón Souto obtivo un dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2017-18
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20181004_premios_bach.pdf
@s alumn@s do IES San Rosendo obtiveron a mellor nota media na ABAU de todos os institutos de Galicia
Enviado por Admin o Sáb, 21/07/2018 - 13:36
Carmen Pavón, alumna de 2º de Bacharelato, obtivo un 13,64 na ABAU e está entre as notas máis altas de Galicia
Enviado por Admin o Dom, 08/07/2018 - 11:22
Proxecto Ríos 2018
Enviado por Admin o Lun, 18/06/2018 - 05:04Como en cursos anteriores o IES San Rosendo participou no Proxecto Ríos, programa para o estudo do estado ecolóxico dos ríos organizado pola asociación ecoloxista ADEGA, e que se atopa dentro do Plan Proxecta.
Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 2º e 3º PMAR e aos de Ciencias aplicadas de 4º da ESO ser os inspectores. Coma sempre o río estudado foi o Valiñadares en 2 puntos próximos a Mondoñedo.
Na campaña de outono visitamos o punto da Pousada e o da ponte do Pasatempo, e en maio decidimos cambiar a ponte do Pasatempo por un punto situado augas arriba, coa intención de estudar un punto con menor impacto, e un mellor bosque de ribeira.
Os resultados están sendo analizados polo alumnado de ciencias aplicadas que en breve teñen que entregar os seus informes onde aportaran datos hidromorfolóxicos, de parámetros físico químicos, así como utilizaran o bosque de ribeira e o estudo de macroinvertebrados para a aplicación de bioíndices que nos mostren a calidade das augas do Valiñadares.
Os alumnos do IES San Rosendo participaron no Eduemprende 2018 coas miniempresas Arte Floral San Rosendo e Benestar Vexetal BioMondo.
Enviado por Admin o Ven, 08/06/2018 - 04:33
50 aniversario da entrada das mulleres no IES San Rosendo
Enviado por Admin o Sáb, 02/06/2018 - 12:48
Este venres 1 de xuño, celebrouse no IES San Rosendo o 50 aniversario da entrada de estudantes femininas no instituto para cursar o bacharelato da época. O acto contou cun cóctel de benvida, unha mesa redonda para compartir experiencias e lembranzas, unha visita ás instalacións e un xantar de irmandade.
Despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato
Enviado por Admin o Xov, 24/05/2018 - 09:02«Foron seis anos no centro, cheos de experiencias marabillosas e traballo recompensado». É o balance que ofrece a directora do IES San Rosendo de Mondoñedo despedindo ao alumnado de segundo de Bacharelato. «O profesorado —añade— felicítaos por todo o acadado e deséxalles moito éxito e toda a felicidade na nova vida que agora emprenden». Desde aquí también nos sumamos a ese desexo, e que a súa nova etapa sexa do máis fructífera.
La Voz de A Mariña
22 May 2018
O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º de Bacharelato do IES San Rosendo gañador absoluto do Galiciencia 2018
Enviado por Admin o Mar, 15/05/2018 - 09:02
Un equipo de oito estudantes do IES San Rosendo de Mondoñedo, cun proxecto de ciencia cidadá para a recuperación da biodiversidade no rural, foi o gañador absoluto da edición de 2018 de Galiciencia, a maior feira científica escolar de Galicia. A iniciativa, bautizada co nome de “Rebinxe“, foi a mellor valorada polos 40 membros do xurado entre as 50 propostas finalistas. Como premio, os estudantes de Mondoñedo, representados na feira que tivo lugar na Tecnópole de San Cibrao por Lidia Barreira e María Bouso, recibirán 1.000 euros para financiar a súa participación na Exporecerca 2019 a feira científica de carácter estatal máis prestixiosa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
