Atención ao alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo durante o periodo de suspensión da actividade lectiva

O alumnado do IES San Rosendo accederá a contidos e actividades das diferentes materias, para que as poida realizar no seu domicilio, e recibirá atención por parte do profesorado das seguintes maneiras:

  • A través de EDIXGAL, os alumnos/as de 1º e 2º de ESO  nas materias que se están impartindo nesta plataforma.
  • Nas páxinas correspondentes aos Departamentos nesta mesma web.
  • Outras páxinas, blogs, correos electrónicos, ... que lles foran indicadas polo profesorado de cada materia.

Instrucións ás familias sobre a aplicación abalarMóvil

 espazoAbalar - Inicio

 

NOVAS DATAS DE CONVOCATORIA ABAU 7,8,9 XULLO

Programa A Ponte da USC. Encontros virtuais 6, 7 e 8 de abril

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.

Servizo do Departamento de Orientación durante o coronavirus


Durante estes días intensos, todo o profesorado, alumnado, país/nais/titores legais que o precisen, poden poñerse en contacto co departamento de orientación para calquera dúbida ou consulta no correo: lorenagarciabarrosa@edu.xunta.gal.
É preciso que indiquedes o nome do alumno ou alumna e o curso no que está actualmente escolarizado.
Mediante a páxina web tentaremos ir actualizando tódalas noticias relevantes que vaian xurdindo en relación ca orientación.

Distribuir contido