Matrícula

Fin de curso

Entrega de notas: Martes 26 de xuño ás 12:00

Reclamacións: Martes 26 e Mércores 27:00

Matrícula: Do 28 de xuño ao 6 de xullo.

Admisión alumnado ESO-Bacharelato para o curso 2018-19

ADMISIÓN ALUMNADO ESO - BACHARELATO PARA O CURSO 2018/19

PRAZO: do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous días incluídos.

A presentación da solicitude de admisión pódese facer polas seguintes vías:

DOCUMENTACIÓN:

 

As persoas proxenitoras ou representantes do alumnado deberán achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

 

a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

 

b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI).

 

c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II (certificación académica expedida polo centro onde está a cursar estudos).

 

d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. 

 

É imprescindible que o Anexo II veña asinado polos dous proxenitores se non hai unha circunstancia que o impida.

 

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar até seis centros na orde prioridade que desexe. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

O alumnado que xa está cursando estudos no IES Plurilingüe San Rosendo ten garantía de permanencia no centro.

NORMATIVA PROCESO DE ADMISIÓN

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013)
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro de 2017), a cal introduciu modificacións á Orde do 12 de marzo de 2013.

 

Xestión telemática da solicitude : https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Matrícula na ESO e no Bacharelato. Curso 2016-17

Matrícula de xuño: De 28 de xuño a 5 de xullo.

Matrícula de setembro: 6 e 7 de setembro.

 

Comedor escolar

 

 

DECRETO 132/2013 DE REGULACIÓN DOS COMEDORES ESCOLARES

(DOG Nº 154  martes, 13 de agosto de 2013)

Aos efectos de facilitar o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incopórase unha calculadora a través da páxina web da consellería no enderezo web:

 www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Distribuir contido