Galego
Programación didáctica do departamento de Lingua Galega e Literatura para o curso 2020-2021
Enviado por Admin o Sáb, 24/10/2020 - 13:12Adaptación da programación didáctica do departamento de Lingua Galega e Literatura. Curso 2019-2020
Enviado por Admin o Mar, 19/05/2020 - 10:45Profesorado
Enviado por Admin o Dom, 15/10/2017 - 12:10Dª Paz Fernández Vidal (X.D.)
Dª Noelia Engroba Vidal
Dª Áurea Ramil Díaz
En galego sí
Enviado por Admin o Mér, 13/05/2020 - 16:00Por maio renovamos cada ano o compromiso co noso idioma de maneira expresa. No deste estraño 2020, aínda con alarma e confinamento, tampouco podía faltar. E pensamos nunha actividade que xuntase alumnado e familias ao redor dunha idea: que o galego teña futuro tamén depende de nós. Por iso pedimos o voso compromiso con el para hoxe e para mañá. Animádevos e participade!
Celebrando a Rosalía
Enviado por Admin o Ven, 22/02/2019 - 19:00
Rosalía, un ano máis e sempre abrindo como unha rosa, agasallando a súa palabra viva, fértil, actual. Este ano buscámonos nela nos, as mulleres, o universo que somos, e demos coa súa comprensión, coa súa complicidade, coa súa rebeldía. Así quixemos celebrar no IES San Rosendo a Rosalía, como mellor sabemos, lendo a súa obra, sentindo a súa poesía
http://www.cronica3.com/2019/02/o-ies-san-rosendo-celebra-a-rosalia/
Mondoñedo é Poesía cos alumnos e alumnas do IES San Rosendo
Enviado por Admin o Dom, 06/05/2018 - 15:13
O programa Proxecto Neo adica o seu programa 227 ao encontro Mondoñedo é Poesía. Inicialmente, entrevista a Xulio Rodríguez Leiras, que fixo de cronista do encontro e que nos leva da man polas rúas e prazas mindonienses e nos presenta as actividades realizadas en cada unha das paradas. Na parte central do programa conversa con tres poetas que son ou foron alumnos e alumnas do IES San Rosendo: Chema Merino, Iria Rivas e Carmen Pavón. Coas palabras de Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo, despídese esta entrega de Proxecto Neo.
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde en Radio Burela.
O venres 13 de abril representarase no IES a obra de teatro "A LOLA"
Enviado por Admin o Ven, 06/04/2018 - 06:07A compañía Avelaíña Teatro representará o próximo venres día 13 de abril, ás 12:30, a obra de teatro "A Lola" no IES San Rosendo de Mondoñedo. A entrada será libre. Estades todos convidados.
A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”, ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos. Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade.
