Ciencias Naturais

Profesorado

Dª Patricia Vázquez Martínez (X.D.)

D. Gerardo Novo Rodríguez

D. David Núñez Vila

SEGUNDA XORNADA DE ACTIVIDADES CIENTÍFICAS CON LIFE IN COMMON LAND NO IES SAN ROSENDO DE MONDOÑEDO

FONTE: https://www.lifeincommonland.eu/ga/artigo/segunda-xornada-de-actividades-cientficas-con-life-in-common-land-no-ies-san-rosendo-de-mondoedo

Durante o pasado venres día 1 de abril, técnicos do proxecto LIFE in Common Land visitaron o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo para continuar co traballo iniciado na visita dos alumnos á Serra do Xistral do día anterior.

 

 

Os datos recolleitos na xornada de campo foron analizados con axuda dos técnicos, completando o día con enriquecedores debates sobre os resultados obtidos do comportamento das mandas de bestas, das especies de flora anotadas nas parcelas de seguimento e da avaliación do Estado de Conservación dos hábitats prioritarios que alberga a Serra do Xistral e a súa conservación.

 

Ademais, os alumnos participantes puideron realizar unha pequena práctica co Sistema de Información Xeográfica libre QGIS, aprendendo ao mesmo tempo sobre as accións de conservación que levan a cabo no marco do proxecto LIFE in Common Land e o seu seguimento.

 

 

 

MATERIAL CEDIDO POLA DEPUTACIÓN PARA CONTINUAR CO PROXECTO REBINXE

 

 

Neste curso seguimos adiante coas investigacións sobre a biodiversidade na contorna da serra do Xistral a través do proxecto Rebinxe. Para iso, a Deputación de Lugo cedeunos 10 cámaras de fototrampeo que permitirán continuar e ampliar os traballos de seguimento de fauna realizados polo alumnado.

Dentro de Rebinxe hai abertas 3 liñas de traballo diferentes:

- Proxecto Cadullos (dende o 2017-2018)): Invesigación e fomento da presencia da fauna controladora de pragas fronte ao uso de biocidas nas explotacións agrícolas.

- O da la miúda (dende 2018- 2019): Estudo da distribución, fenoloxía e etoloxía do lobo na contorna do centro. Proposta de medidas preventivas e solucións para diminuír os ataques e reducir a conflitividade entre gandeiros/as e o animal.

- A compañía do da la miúda (dende 2019-2020): Organizado dentro do Club de Ciencia, o alumnado de 1º e 2º da ESO estuda a fauna silvestre da serra do Xistral e arredores, así como os principais ecosistemas que a sustentan.

 

 

O proxecto do IES San Rosendo "O da la miúda", sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel europeo

 

Na XXXI edición dos Premios EUCYS (European Union Contest of Young Scientists) para os mellores proxectos científicos en todas as áreas do coñecemento levados a cabo por xóvenes preuniversitarios, celebrado en Sofia (Bulgaria), o proxecto "O da la miúda: distribución, etología y fenología del lobo ibérico", do alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo) representado por María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez,  e titorizado polo profesor Óscar Chao Penabad, foi recoñecido con un Premio especial do Joint Research Centre, o servizo interno de ciencia da Comisión Europea.

Plan Proxecta: Programa Naturézate 2019

PLAN PROXECTA: PROGRAMA NATURÉZATE


Outro ano máis o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato do IES San Rosendo participou dentro do Plan Proxecta no seu programa Naturézate.

 

Na actividade "Voando no inverno", o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía realizou un roteiro ornitolóxico pola costa de Ribadeo (ZEC As Catedrais) e a Ría de Ribadeo (ZEC Río Eo, humidal protexido e zona RAMSAR).

 

Con binoculares, telescopios terrestres e guías de campo, durante a mañá e parte da tarde os rapaces e rapazas lograron observar bos números de anátidas (patos rabudos, asubiadores, cercetas…) aínda que lonxe das cifras de décadas pasadas.


Outras aves, pola contra, tórnanse cada vez máis numerosas no esteiro. Así, puidemos gozar da presenza dos cullereiros, aguias peixeiras, mergullóns de pescozo negro e una boa variedade de limícolas.

O alumnado deseñou una ficha de rexistro para a recollida de información sobre os avistamentos, así coma un folleto informativo antes do roteiro para coñecer as principais especies.

 

Os estudantes enviaron os datos dos seus avistamentos a través da plataforma internacional eBird.

 

Distribuir contido