Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural (FP Dual)

Ciclo Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural (FP Dual)

CICLO MEDIO DE APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

Duración: 2000 HORAS

 

   Este ciclo formativo cursarase na modalidade de FP Dual.

 

 

MÓDULOS

HORAS

TOTAIS

Fundamentos agronómicos

159

Principios de sanidade vexetal

107

Control fitosanitario

87

Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

214

Aproveitamento do medio natural

192

Conservación das especies cinexéticas e piscícolas

123

Produción de planta forestal en viveiro

159

Prevención de incendios forestais

87

Maquinaria e instalacións forestais

214

Uso público en espacios naturais

87

Formación e orientación laboral

107

Empresa e iniciativa emprendedora

53

Formación en centros de traballo

410

 

 

Que se aprende a facer?

Realizar operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, consonte a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

Onde se realiza o traballo?

En empresas públicas ou privadas dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación hidrolóxica forestal, e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural.

 

E que postos de traballo?

Traballador cualificado en actividades forestais e similares, en hortas, en viveiros e xardíns, en propagación e cultivo de prantas en viveiro; maquinista de procesadora forestal; traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas, en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas; especialista en colleita de sementes e froitos en altura, en produción de sementes, en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas, en traballos de altura nas árbores, de empresas de repoboación que realicen tratamentos silvícolas, que realicen traballos de construción e mantemento de camiños e que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal. Motoserrista, abatedor e cortador de toradas; aplicador de produtos fitosanitarios; enxertador; auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras; guía de actividades de turismo cinexético-piscícola; corcheiro; traballador en viveiros en xeral.

 

Que título se obtén?

TÉCNICO EN APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL

 

Cal é o currículo?

Currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en aproveitamento e xestión forestal e do medio natural

Decreto 192/2013

 

 A que outros estudos se pode acceder?

A calquera outro ciclo de grao medio e, superando a proba de acceso a ciclos de grao superior, a un ciclo de grao superior da mesma familia.

 Máis información:

http://www.edu.xunta.es/fp

 

FP dual

A formación profesional do sistema educativo abrangue o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo. Na actualidade, debido á súa ampla oferta, ao seu carácter modular e ás facilidades para a súa realización, preséntase como unha opción moi atractiva cunha alta porcentaxe de inserción laboral.

Que é a FP dual?

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular(específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

Os centros e as empresas comparten as responsabilidades formativas para que as ensinanzas profesionais se adecúen ás necesidades do mercado laboral.

Cales son os requisitos para acceder á FP dual?

Para acceder a esta modalidade de FP é preciso cumprir os requisitos académicos que se requiren para acceder aos ciclos de grao medio e de grao superior, dispoñibles no enderezo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe “Coñece a FP”, e ademais:

  • Ter entre dezaoito anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo) e vinte e nove anos no momento de inicio do ciclo formativo.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para o poder efectuar.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Cal é o prazo para solicitar matrícula nun ciclo de FP dual?

Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Adicionalmente, en ocasións, pódese realizar a solicitude de matrícula noutros momentos do ano. No portal educativo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe " Coñece a FP ", dispós de toda a información dos prazos de solicitude e da oferta de FP dual.

Cal é a duración dun ciclo formativo na modalidade dual?

Nesta modalidade dual, os ciclos formativos poden distribuírse en dous ou en tres anos.

Cantas horas de formación se realizan na empresa?

Das 2.000 horas establecidas no currículo, un mínimo do 33 % deberase impartir coa participación da empresa.

Cal é o vínculo do alumnado de FP dual coa empresa?

O alumnado pode ter a condición de bolseiro ou ser contratado pola empresa mediante un contrato de formación e aprendizaxe. En calquera caso, o alumnado debe ser incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.

Percibe o alumnado de FP dual algún tipo de remuneración?

O alumnado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Para o seu cálculo, utilizarase a contía establecida no convenio colectivo ou, de non existir, a contía do salario mínimo interprofesional.

Que vantaxes teño ao estudar un ciclo formativo na modalidade dual?

  • Recibirás unha remuneración desde o inicio do teu período de formación. Esta remuneración pode ir aumentando cada ano á medida que aumenta a túa competencia profesional.
  • Terás maior facilidade para a túa inserción no mercado laboral mediante a adquisición dunha titulación de formación profesional de xeito simultáneo á túa integración nos procesos produtivos da empresa
Distribuir contido