Animación á lectura

Visita de Eva Mejuto

 

 

A escritora Eva Mejuto visitou o noso centro para falar co noso alumnado sobre dous dos seus libros: "Neko" e "22 segundos". As dúas horas que estivo aquí quedaron curtas para satisfacer a curiosidade dos rapaces e rapazas que gozaron lendo as súas obras.

Rematada a entrevista, Eva concedeulles unha entrevista a tres voluntarios da Radio Escolar. Poderedes escoitar a entrevista na revista de fin de curso.

Terriña que nos criou. Ampliado o prazo ata o 22 de marzo

AMPLIADO O PRAZO DO CONCURSO ATA O 22 DE MARZO

 

BASES DO CONCURSO

O venres 13 de abril representarase no IES a obra de teatro "A LOLA"

A compañía Avelaíña Teatro representará o próximo venres día 13 de abril, ás 12:30, a obra de teatro "A Lola" no IES San Rosendo de Mondoñedo. A entrada será libre. Estades todos convidados.

foto-a-lola   A LOLA jpg

 

A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o “pasado non ausente”, ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.  David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos. Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre as dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas  fronte as ideas constitucionais de progreso e liberdade.

Obradoiro de Xornalismo na escola

Obradoiro de Xornalismo na Escola celebrado no IES San Rosendo de Mondoñedo o pasado 19 de febreiro

http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/a-vindeira-semana-oito-concellos-acolleran-dezaoito-obradoiros-de-xornalismo-na-escola-la-caixa-/

Homenaxe a Rosalía

Distribuir contido