Xeografía e Historia, Arte, Xeografía, Historia, Historia de España

Profesorado

D. José Ramón Pavón López

D. Pedro L. Gasalla Regueiro (X.D.)

Dª. Eva María Santín Vilor

Silvia Fiallega falou sobre emigración no IES San Rosendo

Resultado de imaxes para: silvia fiallega

 

O mércores 19 de febreiro ás 10.20 horas Silvia Fiallega impartiu aos alumnos de bacharelato a charla «Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a América» dentro da exposición «Somos migrantes» patrocinada pola Deputación Provincial.

Visita dos alumn@s de 4º da ESO a Caurel - Ribeira Sacra co Proxecto Terra

Os días 25 e 26 de abril os alumn@s de 4º da ESO participaron no Intercambio Territorial Caurel / Ribeira Sacra do Proxecto Terra.

 

 

Os alumnos de Bacharelato de visita cultural en Asturias

Os alumnos de Historia e Arte de 1º e 2º Bacharelato visitaron o Museo da Minería de El Entrego, Santa María del Naranco e a cidade de Oviedo o pasado martes 15 de Xaneiro.

Intercambio territorial de Melgaço co Proxecto Terra

Os días 12 e 13 de Abril alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC visitaron o Parque Natural de Peneda do Geres e a vila de Melgaço no norte de Portugal coas actividades organizadas polo Proxecto Terra.

 

 

Charla - coloquio sobre o Parlamento de Galicia

 IMG_7809

O pasado día 20 o alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo, tivo a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o funcionamento do Parlamento Galego. Da man dos ex-deputados Emma Álvarez, Ismael Rego e Alberte Rodríguez, dialogaron non só dos aspectos máis técnicamente relevantes, senón que tamén preguntaron e debatiron sobre diferentes aspectos da actualidade política, tanto galega como estatal. Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

 

http://www.cronica3.com/2017/11/charla-ex-deputados-no-ies-san-rosendo/

 

 

Charla coloquio sobre o Parlamento de Galicia

   ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CHARLA-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

 

 

Día: 20 de novembro

Hora:16:30 a 17:30

Lugar: Sala de Proxeccións

Para: Bacharelato

Organiza: Dpto. Xeografía e Historia

 

 

Os EX DEPUTADOS que asistirán ao IES San Rosendo de Mondoñedo son:

- María Enma Álvarez Chao (PPdeG)
- Ismael Rego Fernández (PSdeG-PSOE)
- Alberte Xullo Rodríguez Feixoo (BNG)

O Parlamento de Galicia oferta esta charla-coloquio dirixida ao alumnado de Bacharelato, dando así continuidade ao compromiso de achegamento á comunidade educativa e tendo como obxectivo que os estudantes coñezan de preto o traballo que se desenvolve nesta institución.

Para elo contan coa colaboración da Asociación de Ex Parlamentarios/as, quen se encarga de que exdeputados/as das distintas forzas políticas galegas se despracen ata o centro de ensino para impartir a charla e dar resposta ás cuestión plantexadas polo estudantado no coloquio posterior.

Distribuir contido