Novas
Falso positivo por COVID no centro.
Enviado por Admin o Sáb, 16/01/2021 - 10:13Detectado un positivo por Covid nun dos alumnos do IES San Rosendo activouse o protocolo. Avisouse ao alumnado contacto directo e, sabiamente, outros optaron por autoconfinarse ao ter tido algún contacto co positivo.
Na segunda PCR feita, o resultado foi negativo. Tras ser realizada unha terceira proba PCR volveu a confirmarse o negativo do alumno e de toda a súa familia. Como consecuencia, confirmouse tamén o desconfinamento de todo o alumnado que permanecía en corentena nos seus fogares por recomendación sanitaria.
Compartimos esta boa nova e insistimos na necesidade de que toda a comunidade educativa extreme as precaucións en todo momento e manteña o respeto ás normas de autoprotección.
Distribución de máscaras gratuitamente entre o alumnado da ESO
Enviado por Admin o Lun, 16/11/2020 - 08:41Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG Nº230), dende o día 16 ata o 27 de novembro poden presentar solicitude (de forma presencial no Centro) para o subministro de máscaras (Anexos I e II), os representantes legais do alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
IMPORTANTE: O alumnado que obtivo axuda para adquirir material escolar 20/21, non ten que presentar a solicitude
Mais información en arquivo adxunto.
Titorial para a utilización do servicio de videoconferencia Webex por parte do alumnado e as familias
Enviado por Admin o Xov, 22/10/2020 - 12:42Documentos COVID - IES San Rosendo 2020-21
Enviado por Admin o Dom, 04/10/2020 - 14:01Dacordo aos Protocolos e Instrucións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido á situación actual de pandemia provocada pola COVID 19, presentamos os seguintes documentos desde o noso centro:
- PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 NO IES SAN ROSENDO DE MONDOÑEDO (actualizado 20/10/2020)
- PLAN DE CONTINXENCIA PARA A ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL PARA O CURSO 2020-2021 IES SAN ROSENDO
DECLARACIÓN RESPONSABLE (COMPROMISO COVID 19 POR PARTE DAS FAMILIAS)
Información sobre a COVID 19
Enviado por Admin o Mar, 22/09/2020 - 04:33Bolsas e axudas para Bacharelato, Ciclos Medio e Superior e FP Básica
Enviado por Admin o Xov, 27/08/2020 - 15:20