Actividades

Excursión a Andorra - Xaneiro 2023

   

Non ben acabadas as vacacións de Nadal, un grupo de alumnado de 1º BAC desprazouse a Andorra cos profesores Diego González e Iván González, onde puido gozar non só das pistas de esquí de Ordino, senón tamén das visitas a outras instalacións.

Agardamos, sobre todo que aprendérades moito desta experiencia e gardedes un bo recordo desta viaxe. A pesar do susto do traspés de Héctor, que agardamos se recupere o máis axiña posible.

A ANPA do IES organiza unha charla sobre os perigos de Internet o lúns 9 de febreiro.

  

      Dos perigos de Internet, o control que deben facer os pais sobre o uso das redes sociais por parte dos seus fillos, entre outros asuntos relacionados coa Rede, brindarase información na charla que organiza a ANPA Amolou do IES San Rosendo no centro. É ás 19:30 horas e está aberta a todos os pais, nais e titores.

 

Photo Credit: netmonkey via Compfight cc

Inmersión lingüística en Inglés de alumnos de 2º da ESO

   Un grupo de alumnos de 2º de ESO do IES San Rosendo participaron, xunto con alumnos catalanes, nun programa de inmersión en lingua inglesa durante a semana do 19 ó 25 de outubro no albergue de Lekaroz (Navarra).

 

Alumnos no programa de inmersión ling¨´istica

 

Actividades e imaxes: 

Distribuir contido