Inglés

Profesorado

Dª Elisa López Sánchez (X.D.)

Dª Alba Dono Costoya

D. Jesús López López

Certificados de nivel de inglés

 

Máis de 40 estudantes de 4º ESO e BAC participaron nas probas convocadas pola Xunta de Galicia para certificar o seu nivel de inglés .

A maioría obtiveron os certificados de nivel B1, B2 ou C1 de inglés polo Trinity College London, que será con seguridade moi útil para o seu futuro.

 Congratulations to them all!!

That's English

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

 

 

Veñen de convocarse as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2023 para 1º e 2º de BAC.

O prazo de solicitude é dun mes.

Podedes atopar toda a información neste enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39131

Inicio das probas para acreditación en lingua inglesa

O mércores inícianse as probas para acreditación en lingua inglesa según convocatoria da Xunta que financia a certificación en lingua estranxeira de alumnado de 4º ESO e Bacharelato. O noso centro foi beneficiario destas axudas nos niveis de 4º ESO, PluriBach e 2º BAC.

As probas dos niveis B1, B2 e C1 nos que participa o noso alumnado terán dúas partes: o mércores o alumnado examinarase de Reading e Writing e os días 8 e 9 de febreiro terán lugar as probas de Speaking e Listening. 

O alumnado que as supere obterá un certificado oficial do correspondente nivel polo Trinity College de Londres. Estes certificados teñen recoñecemento internacional e non caducan.

 

Participación na Spring Week

25 alumnos de 3º ESO van participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa. O obxectivo deste programa é a estimulación da práctica oral inglesa e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos. O programa inclúe actividades académicas, de tempo libre e obradoiros e a metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa, promovendo aprendizaxes significativas e incidindo en aspectos relacionados coa sostibilidade e o coñecemento da contorna. 

Ao alumnado e as familias iráselles proporcionando máis información en canto o noso centro dispoña desta.

Distribuir contido