1º BAC

Proxecto CANSAT

Durante este curso decidimos participar no concurso do lanzamendo dun cansat organizado polo grupo ESERO España. Aquí en Galicia estamos asesorados polo equipo do CAFI que nos van dando os pasos.

Trátase de lanzar un satélite do tamaño da lata dun refresco e nel deben ir diferentes sensores que cubran a misión primaria e idear una misión secundaria do satélite. Participamos un grupo de 6 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e ocupámonos da programación dos sensores e receptores pero tamén de deseñar e coser un paracaídas para recuperar san e salvo o satélite e difundir a través de podcast todo o traballo así como buscar financión privada dado que non nos proporcionan financiación e é algo que tamén teñen en conta á hora de puntuar.

Aquí estamos o equipo ao completo no noso espacio de polos creativos donde levamos a cabo case todas as misións.

 

Máis información

Excursión a Andorra - Xaneiro 2023

   

Non ben acabadas as vacacións de Nadal, un grupo de alumnado de 1º BAC desprazouse a Andorra cos profesores Diego González e Iván González, onde puido gozar non só das pistas de esquí de Ordino, senón tamén das visitas a outras instalacións.

Agardamos, sobre todo que aprendérades moito desta experiencia e gardedes un bo recordo desta viaxe. A pesar do susto do traspés de Héctor, que agardamos se recupere o máis axiña posible.

Operación "ti podes", todo un éxito!

A Operación "ti podes" conseguiu recoller case 300 kg. de roupa para os máis desfavorecidos, que foron entregados no local de Cáritas que esta entidade posúe en Lugo. O seu agradecemento para todos os alumnos de 1º de bacharelato que colaboraron na organización desta iniciativa, e por suposto para todos os que colaborastes aportando o que puidestes traer da casa. Moitas grazas! A ver se o repetimos para o ano!

Distribuir contido