3º ESO

Matemáticas na Raia 2018

O pasado xoves 19 de abril o alumnado de 3º ESO participou no concurso "Matemáticas na Raia".

 Matemáticas na Raia é un concurso anual de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). Está pensado para alumnado de3º ESO en Galicia e 9º Grao en Portugal.

 A proba consistiu en resolver, en hora e media, cinco problemas por equipos de clase completa, como podemos ver nas fotos.

 

Desde o departamento de matemáticas queremos agradecervos a vosa paixón e esforzo demostrados durante a realización da proba. Agardamos que sigades no día a día coa mesma ilusión que nos transmitistes cara afóra aos organizadores. Sexa cal sexa o resultado, entre todos logramos o obxectivo principal: disfrutar das matemáticas colaborando en equipo. Seguro que tamén quedaron detalles que mellorar, pero iso quedará para outras ocasións, para as cales vos animamos a seguir participando.

 

Alumnos de 3º da ESO gañan o Concurso Escolar do Parlamento de Galicia.

   

Alumnos del IES San Rosendo ganan un concurso del Parlamento gallego

Os alumnos de 3º B da ESO LARA RUBAL OTERO, CRISTIAN VIZCAÍNO RODRÍGUEZ e PATRICIA MARTÍNEZ PAZ, supervisados pola profesora de Educación Plástica Dª Amparo Bermúdez González, foron os gañadores do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia na modalidade de Expresión Libre.

   A nova na Voz de Galicia

   Para máis información picar no seguinte ENLACE.

   Os trab

   http://concursoescolarparlamentodegalicia.blogspot.com/allos gañadores e finalistas podense consultar en:

Distribuir contido