Alumnas do IES San Rosendo gañadoras de premios no 4º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!

 

Arquivo dos Certames de Imaxes polo Patrimonio

 

 

 

4º Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio” convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas!

 

Categoría Ensino Secundario Obrigatorio / Ensino Secundario

3º Premio: Aroa Arias
IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A foto foi tomada en Mondoñedo polo ano 1948.
Era un dos primeiros autobuses que houbo nesta cidade. Nela aparece o meu bisavó agarrado ao ferro por detrás do soldado na praza do concello de Mondoñedo.
Meu bisavó fora invitado para ver a chegada dese primeiro autobús pois era amigo do condutor.
Na imaxe vese a expectación que causou a súa chegada porque amoreouse moita xente, e mesmo detrás das ventás.
Vemos que o cambio no tempo foi considerable, non había límite de pasaxeiros e a localización tamén era distinta e variada.

 

 

 

CERTAME DE PODCAST

Nayara Campo Rego
IES San Rosendo de Mondoñedo

Esta foto foi tomada 13 de xuño do 1969 na antiga parroquia de Lindín, Mondoñedo, cando se estaba a celebrar a festa do San Antonio, propia do lugar. Nela aparecen a miña avoa, bisavoa e algúns veciños xunto co seu gando, xa que nesta celebración a xente ía bendicilo para ter boa sorte durante todo o ano cos partos, produción… Antigamente, nas aldeas era imprescindible o traballo de campo para sobrevivir, dependían del para todo, por exemplo, o falecemento dunha vaca podía variar a vida dunha familia . Agora é bastante desprezado pero segue a ser un medio de sustento para moitas familias e un servizo primario vital na sociedade. Os gandeiros teñen problemas para manter o seu labor e sobre todo non teñen moitas axudas para continuar, pero eles non se dan por vencido. Por todo iso é polo que nós debemos que loitar con eles e impedir a súa desaparición, porque se non, si que íamos ter problemas dos que agora mesmo non nos decatamos.
Podcast:
https://www.ivoox.com/podcast-foto-n-187-certame-2021-imaxes-do-audios-mp3_rf_72861551_1.html