Accións formativas STEM

 

Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

  • O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. 

 

Probas de acceso aos Ciclos Formativos

O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio comenzará o 2 de marzo e finalizará o 13 de marzo de 2020.

  • Recordar que na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, igual que na de grao superior para o ano 2020 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas ou ben directamente desde a seguinte ligazón: (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".

  • Nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, aquelas persoas que realizaran a solicitude cun sistema de identificación e necesiten achegar documentación xustificativa, poderán presentar a solicitude empregando a Sede Electrónica. Estas solicitudes quedarán entregadas e validadas nun centro de inscrición. Os centros poderán comprobar as solicitudes tramitadas empregando este procedemento a través do apartado "2.6. Ver solicitudes sede" na aplicación Ciclosprobas.

Aberto o prazo de admisión de alumnado

 

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2020/21

 

 

 

 

 

Axudas para a realización de actividades de formación e n linguas etranxeiras 2020

 

 

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo.

 

  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

Silvia Fiallega falou sobre emigración no IES San Rosendo

Resultado de imaxes para: silvia fiallega

 

O mércores 19 de febreiro ás 10.20 horas Silvia Fiallega impartiu aos alumnos de bacharelato a charla «Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a América» dentro da exposición «Somos migrantes» patrocinada pola Deputación Provincial.

"Fai deporte" no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

 

 

 

O Concello de Mondoñedo organiza no instituto de Mondoñedo o proxecto Fai deporte, un proxecto de competicións deportivas de deportes de equipo, e deportes individuais que busca dinamizar os recreos do centro educativo.

Creouse unha páxina na internet onde os alumnos e alumnas do centro IES San Rosendo poden apuntarse ás competicións. É importante destacar que os deportes de equipo buscan a participación mixta dos mesmos.

A parte das competicións realizaranse concentracións ou convivencias con outros centros.

 

 

 

 

 

 

https://amariñaxa.com/2020/01/15/o-proxecto-fai-deporte-chega-ao-ies-san-rosendo-de-mondonedo/

MATERIAL CEDIDO POLA DEPUTACIÓN PARA CONTINUAR CO PROXECTO REBINXE

 

 

Neste curso seguimos adiante coas investigacións sobre a biodiversidade na contorna da serra do Xistral a través do proxecto Rebinxe. Para iso, a Deputación de Lugo cedeunos 10 cámaras de fototrampeo que permitirán continuar e ampliar os traballos de seguimento de fauna realizados polo alumnado.

Dentro de Rebinxe hai abertas 3 liñas de traballo diferentes:

- Proxecto Cadullos (dende o 2017-2018)): Invesigación e fomento da presencia da fauna controladora de pragas fronte ao uso de biocidas nas explotacións agrícolas.

- O da la miúda (dende 2018- 2019): Estudo da distribución, fenoloxía e etoloxía do lobo na contorna do centro. Proposta de medidas preventivas e solucións para diminuír os ataques e reducir a conflitividade entre gandeiros/as e o animal.

- A compañía do da la miúda (dende 2019-2020): Organizado dentro do Club de Ciencia, o alumnado de 1º e 2º da ESO estuda a fauna silvestre da serra do Xistral e arredores, así como os principais ecosistemas que a sustentan.

 

 

Distribuir contido