O proxecto dos alumnos de Bioloxía "O da la miuda", sobre o lobo no Xistral, participará no Galiciencia 2019
Enviado por Admin o Mér, 24/04/2019 - 06:24 «O da lá miúda», un proxecto do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo de seguimento do lobo seleccionado para participar na feira científica Galiciencia, que se celebrará no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, do 8 ao 10 de maio.
«Participan nel uns 15 alumnos de varios cursos, desde terceiro da ESO a segundo de Bacharelato», indica o profesor de Bioloxía Óscar Chao Penabad, que coordina a iniciativa.
Para localizar os animais utilizan distintos métodos: desde rastrexo de feces, rascaduras, pegadas ou pelos en sendeiros e camiños, a restos de depredacións. Todos os achádegos se xeolocalizan nun mapa. Ademais, con autorización da Consellería de Medio Ambiente, o grupo ten instaladas oito cámaras con sensor de movemento en Mondoñedo, Alfoz e Abadín. Por agora xa localizaron varias manadas, aínda que dar co lobo non é sinxelo.
https://i.avoz.es/sc/robKNkKZD5ld65WkwERjy-a54No=/600x/2019/04/23/001215... 600w, https://i.avoz.es/sc/ZdxGsHESJDL14AWnImnIo96Aowo=/900x/2019/04/23/001215... 900w" width="414" height="211">
O Proxecto Rebinxe presentou o seu traballo no centro social de Masma
Enviado por Admin o Xov, 04/04/2019 - 14:08Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.
Enviado por Admin o Xov, 28/03/2019 - 09:58Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol; do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.
Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.
https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de
Os alumnos de 4º da ESO en Londres
Enviado por Admin o Ven, 22/03/2019 - 09:18
Os estudantes de 4º de ESO están a gozar duns días en Londres. Visitarán e coñecerán os lugares máis emblemáticos da capital e aproveitarán para practicar o aprendido na clase e para vivir o espíritu da capital de Inglaterra.
http://www.cronica3.com/2019/03/ies-san-rosendo-de-mondonedo-en-londres/
O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañador do 1º premio EXPORECERCA Xove e do premio Ciencia en Acción
Enviado por Admin o Xov, 07/03/2019 - 07:43O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañou o 1º premio da súa categoría no certame nacional de investigación escolar EXPORECERCA Xove , a maior feira cintífica para mozos de España, e o premio Ciencia en Acción.
O IES San Rosendo de Mondoñedo alzouse este sábado co primeiro premio do certame de investigación escolar Exporecerca’19 Jove, que se celebrou o pasado fin de semana en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, grazas ao proxecto denominado Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural). O equipo de oito estudantes viaxara á Exporecerca como premio por gañar a Galiciencia 2018 con ese proxecto.
Competían na maior feira científica de España con máis dun centenar de proxectos de toda España, e outros países como Arxentina, Brasil, Bélxica ou Turquía. Grazas ao primeiro premio conseguido, o ano que vén estarán en Abu Dabi, nos Emiratos Árabes, competindo nunha feira internacional de mozos investigadores. Ademais, o proxecto conseguiu outro premio especial, Ciencia en Acción, que consiste na participación noutra feira en Alacante.
A alumna do IES San Rosendo, Cristina Ares Rivas, gaña a medalla de ouro nas Skills de Florería no campionato galego da FP Galicia Skills 2018
Enviado por Admin o Lun, 03/12/2018 - 05:05
Cristina Ares Rivas, de Abadín e alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, levou a medalla de ouro na competición de floraría. A súa titora foi Ángeles Camino Saco.
Ao recibir a medalla de ouro competirá, representando a Galicia, nos premios a nivel estatal, Spain Skills 2019.
O alumnado do IES San Rosendo participa no Galicia Skills 2018
Enviado por Admin o Mér, 28/11/2018 - 05:06
- Por parte do IES San Rosendo Cristina Ares Rivas (asesorada pola súa titora Mª Ángeles Camino) participará na competición de Florería e Diego Miguel Barbosa Oliveira e Adrián Leivas Cornide (preparados polo seu titor Fernado Iglesias) na de Xardinaría Paisaxística.
A profesora de Inglés do IES San Rosendo, Ana Belén López, participou no curso "Flipped Classroom" en Bruxelas
Enviado por Admin o Dom, 11/11/2018 - 19:00
Dentro do programa e-twinning e xunto a representantes doutros países europeos, están a traballar nun xeito diferente de dar clase, facendo ó alumnado máis participe da súa aprendizaxe. Inténtase que aprendan de xeito activo, facendo e descobrindo, como elementos activos, e non meros receptores da información e o coñecemento.
Información de:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
