Eleccións ao Consello Escolar

 

Animamos a toda a comunidade educativa a presentar candidatura a representantes no Consello Escolar para poder lograr a maior representatividade posible de cada sector, sendo unha forma máis de participación na organización do centro.

O prazo remata o venres 11 e para presentar candidatura só hai que asinar o documento ao respecto na Secretaría do centro.

Aviso

Aquelas persoas que recibiron o vale de 50 euros para material por parte da Consellería de Educación, teñen dispoñible unha ampliación deste vale de material* por 25 euros máis. Esta ampliación estará dispoñible en Conserxería.

 

*Este vale deberá empregarse na libraría/establecemento preferentemente antes do 1 de decembro de 2022.

Fotografarte II Concurso de Fotografía

That's English

Carmen Iglesias Fernández de 2º de ESO premiada no 5º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio que organiza a A.C.P.Ponte...nas ondas!

 

A alumna de 2º de ESO Carmen Iglesias Fernández recibiu un Accesit no certame de Podcast na categoría de Ensino Secundario do 5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués que organiza a A.C.P.Ponte...nas ondas!

 

http://escolasnasondas.com/5o-certame-de-recolla-das-imaxes-e-podcasts-do-patrimonio-inmaterial-galego-portugues/

 

Calendario exames DUAL setembro 2022

Publícase o calendario de exames de setembro para os ciclos con modalidade dual.

Vales de material

Están dispoñibles os VALES para adquirir MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2022-2023. O alumnado solicitante de axudas para adquirir material escolar que se matriculou no periodo ordinario (xuño-xullo) e devolveu todos os libros que tiña en préstamo do curso 2021-2022 pode recoller os vales na conserxería do centro de 9:30 a 14:30 horas. Recoméndase chamar antes ao centro para consultar o estado da solicitude.

 

 

Distribuir contido