Atención ao alumnado de Francés durante o periodo de suspensión da actividade lectiva
Enviado por Admin o Lun, 13/04/2020 - 10:58
O Concello de Mondoñedo imprimirá material escolar para o alumnado que o precise
Enviado por Admin o Mar, 07/04/2020 - 07:59Instrucións ás familias sobre a aplicación abalarMóvil
Enviado por Admin o Sáb, 04/04/2020 - 08:26Programa A Ponte da USC. Encontros virtuais 6, 7 e 8 de abril
Enviado por Admin o Mar, 31/03/2020 - 08:26A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.
Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.
Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa
Enviado por Admin o Ven, 20/03/2020 - 09:23
Servizo do Departamento de Orientación durante o coronavirus
Enviado por Admin o Mér, 18/03/2020 - 07:32
Durante estes días intensos, todo o profesorado, alumnado, país/nais/titores legais que o precisen, poden poñerse en contacto co departamento de orientación para calquera dúbida ou consulta no correo: lorenagarciabarrosa@edu.xunta.gal.
É preciso que indiquedes o nome do alumno ou alumna e o curso no que está actualmente escolarizado.
Mediante a páxina web tentaremos ir actualizando tódalas noticias relevantes que vaian xurdindo en relación ca orientación.
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
Enviado por Admin o Ven, 13/03/2020 - 09:43
- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
- Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
- Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
- Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
