Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa.

PARA O ALUMNADO:

  • Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
  • Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
  • Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
  • O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
  • É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.

PARA AS FAMILIAS:

  • Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
  • Transmitídelle que a responsabilidadeé de todos, empezando pola casa.
  • Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas o mellor que teñen.
  • Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos e inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.

PARA O PROFESORADO:

  • Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha  situación de estrés transitoria.
  • Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocionaldo voso alumnado.

Servizo do Departamento de Orientación durante o coronavirus


Durante estes días intensos, todo o profesorado, alumnado, país/nais/titores legais que o precisen, poden poñerse en contacto co departamento de orientación para calquera dúbida ou consulta no correo: lorenagarciabarrosa@edu.xunta.gal.
É preciso que indiquedes o nome do alumno ou alumna e o curso no que está actualmente escolarizado.
Mediante a páxina web tentaremos ir actualizando tódalas noticias relevantes que vaian xurdindo en relación ca orientación.

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

 

  • Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

 

  • Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

 

  • Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

 

  • O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

 

  • Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas  as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

 

 

Accións formativas STEM

 

Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

 

  • O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
     
  • O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. 

 

Distribuir contido