MATERIAL CEDIDO POLA DEPUTACIÓN PARA CONTINUAR CO PROXECTO REBINXE

 

 

Neste curso seguimos adiante coas investigacións sobre a biodiversidade na contorna da serra do Xistral a través do proxecto Rebinxe. Para iso, a Deputación de Lugo cedeunos 10 cámaras de fototrampeo que permitirán continuar e ampliar os traballos de seguimento de fauna realizados polo alumnado.

Dentro de Rebinxe hai abertas 3 liñas de traballo diferentes:

- Proxecto Cadullos (dende o 2017-2018)): Invesigación e fomento da presencia da fauna controladora de pragas fronte ao uso de biocidas nas explotacións agrícolas.

- O da la miúda (dende 2018- 2019): Estudo da distribución, fenoloxía e etoloxía do lobo na contorna do centro. Proposta de medidas preventivas e solucións para diminuír os ataques e reducir a conflitividade entre gandeiros/as e o animal.

- A compañía do da la miúda (dende 2019-2020): Organizado dentro do Club de Ciencia, o alumnado de 1º e 2º da ESO estuda a fauna silvestre da serra do Xistral e arredores, así como os principais ecosistemas que a sustentan.

 

 

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020:

 

  • Grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

 

  • Grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

 

Enlace á Orde:http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200207_grao_medio_superior.pdf


Enlace á información de grao superior: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual


Enlace á información de grao medio: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 

Novidades da convocatoria 2020:

  • Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2020 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón: (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente recollerán aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".

Acreditación de competencias. Convocatoria 2020

Publicada a Orde do 29 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Entre as unidades de competencia obxecto de acreditación están varias pertencentes ao ciclo formativo Aproveitamento e conservación do medio natural.

Importante

  • A solicitude de participación no procedemento deberá presentarase obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gale requirirá cubrir previamente os datos na aplicación informática que se atopa no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado. Esta aplicación está activa a partir do 13 de xaneiro de 2020.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 13 de xaneiro ata o 7 de febreiro de 2020.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas por sede electrónica.

Máis información sobre o proceso de acreditación de competencias profesionais


Este é o enlace onde consultar toda a información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/29807

Viaxe a Asturias dos Alumnos de Bacharelato

O martes 19 de novembro os alumnos de 1º e 2º de BAC achegáronse ao festival de cine de Xixón para ver a película Port Authority. Despois desprazáronse a Oviedo para visitar as igrexas máis representativas da arte do prerrománico asturiano.

A profesora Ana Belén López Pérez estuda a organización do sistema educativo británico

A profesora de inglés do IES San Rosendo, Ana Belén López Pérez, está a realizar unha estancia profesional de dúas semanas no Christopher Whitehead Language College en Worcester (Inglaterra) coa finalidade de estudar a organización e o sistema educativo inglés. Esta estancia atópase enmarcada no programa de formación permanente do profesorado diseñado polo Ministerio de Educación, en colaboración coas Comunidades Autónomas, que ten entre os seus obxectivos favorecer a movilidade internacional dos docentes.

O proxecto do IES San Rosendo "O da la miúda", sobre o lobo ibérico gaña un premio a nivel europeo

Na XXXI edición dos Premios EUCYS (European Union Contest of Young Scientists) para os mellores proxectos científicos en todas as áreas do coñecemento levados a cabo por xóvenes preuniversitarios, celebrado en Sofia (Bulgaria), o proxecto "O da la miúda: distribución, etología y fenología del lobo ibérico", do alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo (Lugo) representado por María Bouso Posada, Xiana Rego Fernández e Ana Rubal Sánchez,  e titorizado polo profesor Óscar Chao Penabad, foi recoñecido con un Premio especial do Joint Research Centre, o servizo interno de ciencia da Comisión Europea.

carouselGallery image

Ciclos Formativos de Formación Profesional

Distribuir contido