INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

 

Xa está aberto o prazo para solicitar a reserva de praza no centro adscrito para o alumnado que cambia de etapa educativa.

  • O prazo de solicitude para a reserva de praza abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro, ambos incluídos.
  • A publicación da listaxe do alumnado con posto reservado será o 22 de febreiro.
  • A solicitude deberá realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso, ou ben a través da aplicación admisiónalumnado. A publicación dos postos vacantes será antes do 1 de marzo.
  • O prazo de presentación de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

 De conformidade co artigo 5.2. f) 2º, indícase que:


“O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.En todo caso, a solicitude de reserva será única para cada alumno/a e terá carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.”
 
O procedemento de admisión do alumnado nos centros públicos regúlase tanto polo Decreto 13/2022, como pola Orde do 21 de outubro de 2022 que o desenvolve. Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

Para a realización da solicitude de xeito electrónico existe unha guía dirixida á correcta elaboración da solicitude, que pode descargarse no anexo a esta entrada.

AdxuntoTamaño
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB