Fin de curso 2023-24

FIN DE CURSO

O curso rematará o venres 21 de xuño ás 15:00.

 

ENTREGA DE NOTAS:

A entrega de notas será o mércores 26 de xuño ás 10:00h.

 

PERIODO DE RECLAMACIÓNS:

O periodo de reclamacións comprenderá os días 26 e 27 de xuño.

 

ORDENADORES E-DIXGAL:

O alumnado que no próximo curso 2024/25 non vaia permanecer no centro nun grupo E-Dixgal deberá entregar os seus equipos en perfectas condicións e cos seus correspondentes accesorios: maletín, cargador, e, dependendo do modelo, lapis do equipo. 

    • Os alumnos/as de 4º ESO A e PDC o día 25 das 10:00 ás 14:00.
    • Os alumnos/as de 4º ESO B o día 26 das 10:00 ás 14:00.

En cambio, o alumnado  que continúe no proxecto E-Dixgal, poderá dispoñer do equipo durante o período estival.

 

PERIODO DE MATRÍCULA

O periodo de matrícula abarcará do mércores 26 de xuño ata o 8 de xullo, incluído.