Skip to Content

Novas

Euroscola 2014

Logo do éxito obtido no pasado certame Euroscola 2013 o alumnado de 1º de Bacharelato do IES "Praia Barraña" que cursa a materia TIC's está de novo inmerso na nova edición do certame Euroscola 2014.  Nesta ocasión o lema do concurso é facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade o alumnado propón levar a cabo unha iniciativa que pretenderá concenciar a cidadanía desta problemática. Dita iniciativa leva por título "Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico". Toda a información que se recabará, as entrevistas que se realizarán e o proxecto final que se levará a cabo para  esta iniciativa atópase no seguinte blogue: Vida Saudable Boiro.

Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituo. Participarán os Departamentos de Tecnoloxía - que actuará coma coordinador-  o Departamento de Bioloxía e máis o Departamento de Educación Física. Enlace á nota de prensa.

Vista previa

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Europarlamento: Intervencións alumnado do centro

Participación dos alumnos de 2º Bacharelato do noso centro no europarlamento:

presentación pola alumna  Victoria Domínguez e intervención do alumno  Raúl Lojo.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Enlace á entrevista da Radio aquí.

Entroido 2014: Fotos

O pasado 28 de febreiro tivo lugar no noso centro a festa do Entroido. Tivemos concurso de disfraces, DJs, un "Photo Call" organizado pola Biblioteca, concerto en directo dos grupos musicais que temos no noso instituto e larpeiradas, filloas, orellas... que os alumnos de 4º ESO elaboraron para costear a súa excursión de fin de estudos a Roma. 

entroido2014

Se queredes disfrutar das máis de 600 fotos realizadas por Pascual para o blogue da Biblioteca premede na foto ou aquí.

O “Praia Barraña” no corazón da Unión Europea

O Parlamento Europeo abriu o pasado venres as súas portas a un grupo de 23 alumnos do noso IES para que coñecesen, de primeira man, o funcionamento dunha das institucións claves do entramado administrativo da UE. Viaxaron dende Boiro ata Estrasburgo acompañados por dúas docentes como premio o galardón nacional logrado no certame Euroscola 2013.

Os estudantes tiveron a posibilidade de visitar a cidade, un enclave francés cerca do límite con Alemaña, e o Parlamento Europeo, onde por un día convertéronse en eurodeputados. Reuníronse en grupos de traballo, debateron e intercambiaron puntos de vista sobre as prioridades europeas como as próximas  eleccións europeas, o problema da busca de emprego, a liberdade de información, o futuro de Europa, como frear o desperdicio de alimentos ou o desenvolvemento sostible e o uso de enerxías renovables. Os participantes reuníronse no Hemiciclo do Parlamento Europeo e celebrouse unha sesión plenaria, como se de verdadeiros políticos se tratase.

Os representantes galegos tiveron así a oportunidade de compartir escano na Cámara con representantes de outros 22 centros escolares procedentes doutros tantos países. En total, case 500 persoas entre alumnos e profesores. Enlace á nota de prensa aquí.

 

Delegación de Boiro que visitou o Parlamento Europeo en Estrasburgo

(para ver máis fotos da viaxe prema aquí)

Festival de entroido 2014

Prema nas imaxenes para máis detalle.

Euroscola: O IES Praia Barraña prepara a visita a Estrasburgo

Logo de gañar o Concurso Euroscola 2013 o alumnado de 2º BAC do IES Praia Barraña está a preparar a visita o europarlamento na súa sede en Estrasburgo. A viaxe terá lugar entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo. O 28 de Febreiro será o día da visita o europarlamento.

Dentro do programa previsto para ese día o alumnado está a preparar unha serie de debates que se desenvolverán principalmente en inglés sobre algúns dos temas de actualidade como poden ser as próximas eleccións europeas, o problema da busca de emprego, a liberdade de información, o futuro de Europa, como frear o desperdicio de alimentos ou o desenvolvemento sostible e o uso das enerxías renovables. O alumnado ocupara os escanos que habitualmente empregan os eurodiputados e fará uso do mesmo sistema de votación que eles empregan para tomar determinados acordos.

O alumnado compartirá esta xornada con máis de 500 estudantes chegados de Bélxica, Reino Unido, Italia, Alemania, Francia, Dinamarca, Finlandia e así ata un total de  22 países que estarán representados  cada un deles por un instituto con 24 estudantes. Enlace a nota de prensa.

 

Alumnado e profesorado do  IES Praia Barraña que viaxará a Estrasburgo.

As seccións bilingües viaxan a Londres

Os Departamentos Didácticos de Xeografía, Historia e Tecnoloxía organizaron para o alumnado das seccións bilingües de 1º Bacharelato e 3º ESO unha visita a Londres que tivo lugar entre os días 29 de xaneiro e 2 de febreiro.

A través desta visita os rapaces practicaron a fala inglesa e ampliaron os coñecementos adquiridos na aula tanto en linguas estranxeiras coma en contidos das materias de Historia do Mundo Contemporáneo, Xeografía e Tecnoloxías. Ademais, os mozos e mozas aprenderon técnicas de orientación nunha grande cidade, coñeceron diferentes culturas e desenvolveron os valores de respecto e tolerancia polos demais.

Os alumnos e alumnas visitaron os lugares máis representativos de Londres: O Parlamento, o Big Ben, Buckingham Palace, o British Museum, son algúns exemplos dos moitos lugares visitados, e mesmo puideron poñer un pé en cada hemisferio no meridiano de Greenwich.

Alumnado e profesorado do IES Praia Barraña diante do Tower Bridge (Londres)

Distribuir contido


by Dr. Radut