Skip to Content

Euroscola: O IES Praia Barraña prepara a visita a Estrasburgo

Logo de gañar o Concurso Euroscola 2013 o alumnado de 2º BAC do IES Praia Barraña está a preparar a visita o europarlamento na súa sede en Estrasburgo. A viaxe terá lugar entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo. O 28 de Febreiro será o día da visita o europarlamento.

Dentro do programa previsto para ese día o alumnado está a preparar unha serie de debates que se desenvolverán principalmente en inglés sobre algúns dos temas de actualidade como poden ser as próximas eleccións europeas, o problema da busca de emprego, a liberdade de información, o futuro de Europa, como frear o desperdicio de alimentos ou o desenvolvemento sostible e o uso das enerxías renovables. O alumnado ocupara os escanos que habitualmente empregan os eurodiputados e fará uso do mesmo sistema de votación que eles empregan para tomar determinados acordos.

O alumnado compartirá esta xornada con máis de 500 estudantes chegados de Bélxica, Reino Unido, Italia, Alemania, Francia, Dinamarca, Finlandia e así ata un total de  22 países que estarán representados  cada un deles por un instituto con 24 estudantes. Enlace a nota de prensa.

 

Alumnado e profesorado do  IES Praia Barraña que viaxará a Estrasburgo.



page | by Dr. Radut