Skip to Content

Novas

Exames de Setembro 2015

Preme na imaxe para ampliar

Moito máis que matrículas de honra

María, Sarela, Lois e Julieta preséntanse á selectividade cun expediente académico que incluso chega a superar á mesma perfección.

Enlace á noticia La Voz de Galicia.

Proceso de admisión do alumnado Curso 2015/16

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive. A partir do 1 de marzo poderán recoller a información e os impresos en Secretaría. Para máis información prema aquí.

Os impresos de matrícula son os seguintes:

- ESO

- 1º Bacharelato

- 2º Bacharelato

- Información xeral para cumprimentar os impresos

A relación de prazas vacantes é a seguinte:

CURSO 2015/16

PRAZAS IES PRAIA BARRAÑA

 

Nº PRAZAS

OCUPADAS

OFERTADAS

1º ESO

54

36 (Centro adscrito)

18

2º ESO

60

51

9

3º ESO

60

56

4

4º ESO

60

45

15

1º BACH

132

30

102

2º BACH

132

112

20

 

 

AVISOS

  • O próximo martes 16 de decembro non haberá clase pola tarde por teren lugar as sesións de avaliación.
  • ENTREGA DE NOTAS: venres 19 de decembro entre as 11:00 -11:30 h terá lugar a entrega das notas polos titores.

I Semana Temática no IES Praia Barraña

     O Equipo da Biblioteca de Centro do IES Praia Barraña inicia con esta primeira edición a coordinación dun Proxecto Interdisciplinar para implicar o alumnado na lectura. Trátase dun proxecto que implica a todos os Departamentos do Centro e a todo o alumnado dos diferentes ciclos nunha actividade común pero baixo distintos enfoques, arredor dun tema que o Equipo da Biblioteca propuxo ao comezo de cada curso. 

      Nesta primeira edición 2013-14 o tema escollido e traballado foi O MAR.

     Con esta “I Semana Temática – IES Praia Barraña” pretendemos expoñer e dar a coñecer todos os traballos realizados polos alumnos e profesores do Centro durante o curso arredor da temática do Mar.

      O longo da semana iranse activando os seguintes enlaces segun se vaian realizando as actividades programadas. Preme en cada icono para acceder á información detalllada e as galerías das actividades.

Exposición "A Paz cuestión de Fondo" no IES Praia Barraña

 

    Exposición cedida ao IES Praia Barraña do 1 ao 15 de maio, polo Fondo Galego de Cooperación de Socialización

   Mostra de viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia. En clave visual e, nalgúns casos verbal, ao longo de 16 caricaturas amosanse os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea é a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.

Abril, mes dos libros. Concurso de fotografía "O MAR"

 

Preme na imaxe para acceder á galería das fotos participantes.

Proxecto Comenius: Intercambio con Holanda

Entre os días 16 e 21 de marzo, un grupo de 8 alumn@s de 4º ESO viaxaron a Bélxica e Holanda, denro do proxecto Comenius "The teenager investment fund - How to take care of the future", no que o IES Praia Barraña participa dende o curso pasado. Nesta ocasión o centro organizador foi o Zeldenrust-Steelantcollege da cidade holandesa de Terneuzen. Enlace á nota de prensa aquí

Para acceder á galería de fotos da viaxe preme na imáxen.

Distribuir contido


by Dr. Radut