Skip to Content

25 de xaneiro: Conferencia sobre "Actuacións ante situacións de risco vital"

Neste día contamos con Emma Rodríguez Maseda da Universidade da Coruña. A súa conferencia trata sobre "Actuacións ante situacións de risco vital", información e práctica sumamente importante ante as posibles incidencias do día a día, que todo o mundo pode atopar.

XXIV ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS DE SANTAREM

As alumnas de 1º de Bacharelato, Irene Fernández e Diana Groba,participaron no XXIV Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas da Unesco que tivo lugar en Santarem os días 19, 20 e 21 de xaneiro.

Día 21 de xaneiro: RCP e uso do desfibrilador

Este venres contamos ca presenza do Profesor e Doutor José Palacios Aguilar, Coordinador do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas  e Socorrismo (GIAAS) da Universidade da Coruña. José levou a cabo dúas sesións nas que explicou  cómo actuar ante diversas situacións, ademais de levar a cabo unha RCP e usar o desfibrilador.

Na súa canle de Youtube ten  66 vídeos sobre prevención do afogamento, primeiros auxilios, rescate acuático, etc.

https://youtube.com/c/PepePalacios

12 de xaneiro: Charla sobre Feminismo, xénero e igualdade.

Hoxe contamos coa presenza de Sara Uris, para coñecer máis de preto diferentes conceptos e identificar os michomachismos habituais que se dan na nosa sociedade.
Hoxe contamos coa presenza de Sara Uris, para coñecer máis preto, diferentes conceptos e identificar os micromachismos habituais que se dan na nosa sociedade.

Bo Nadal

nadal

Todos os que formamos parte do IES Pazo da Mercé desexámosvos saúde, boas festas e feliz ano 2022!

Vémonos de novo o luns 10 de xaneiro :-)

Distribuir contido


by Dr. Radut