Skip to Content

25 de febreiro: Charla divulgativa da UVigo "¿Qué me pode parar se infrinxo a lei?".

Esta mañá temos a Roberto Bustillo, Profesor Titular de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo. A través da súa explicación, o alumnado dos Ciclos Formativos adquiriron unha maior comprensión sobre os actos e as súas consecuencias.

IX ENCONTRO DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO DE GALICIA

Os días 17 e 18 de febreiro , tivo lugar este encontro galego no Pazo da cultura de Pontevedra baixo o lema: Deporte e Paz

O noso centro , xunto con outras 9 escolas galegas estivo presente coa participación de 14 alumnos de 1º ESO.

Neste encontro o alumnado falou de paz, igualdade, disciplina, compromiso , esforzo e superación.Nel se fixo unha homenaxe ás deportistas olímpicas e paralímpicas galegas que tanto éxito tiveron nos xogos de Tokio.

 

Inauguración nova biblioteca "Rosalia de Castro"

O pasado mércores 23 de febreiro de 2022 e celebrando o día da nosa Rosalía, inaugurouse a nova biblioteca, na antiga casa do conserxe.

Todo o acto está no blog da biblioteca. Fai click

Proceso de admisión para o curso 2022/2023

Prazo de admisión:  Do 1 ata o 21 de marzo de 2022.

IMPORTANTEEstán admitidas con praza adxudicada todas as solicitudes de reserva dos colexios adscritos presentadas neste IES para o curso 2022/2023.

17 de febreiro: Charla da UDC: A nosa pegada dixital na rede

A docente da Universidade da Coruña, Susana Ladra González, amosa o que ocorre ó utilizar a rede, independentemente do medio utilizado. Ademais, informa dos datos sobre nós que utilizan as grandes corporacións co fin de lucrarse.

Distribuir contido


by Dr. Radut