Skip to Content

CURSO 2022/2023

Benvid@s ó curso 2022/2023,

Ás clases empezarán este xoves 8 de setembro en horario habitual (de 9:00 a 14:30), para tódolos grupos e etapas, incluído FP.

Poñerémonos en contacto a través de AbalarMóbil con tódalas familias para facer unha sesión de contacto con tódalas titorias dos distintos grupos.

É probable que o mércores 7 fagamos unha reunión presencial coas familias do alumnado que se incorpora a 1º ESO. Confirmaremos horario no AbalarMóbil.

Lembrade que 1º e 2º da ESO traballará cos ordenadores E-Dixgal.

Para o resto de grupos, o profesorado informará, unha vez empezadas as clases, a cada un dos nenos e nenas se teñen que mercar algo (material ou libros).

Moitas grazas e un saúdo de todo o persoal do instituto.

 

Fondo solidario de libros

Xa está dispoñible o listado provisional do alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto para o curso 22/23.

Podedes consultar no taboleiro do instituto.

Pola Lei de Protección de Datos non se pode dar información por teléfono.

Grazas.

24 xuño: Dúas alumnas do noso instituto #Mellores Expedientes

Dúas alumnas de 2º de bacharelato atópanse entre os mellores expedientes no curso 2021/2022 e son invitadas ó acto celebrado en Santiago de Compostela o 23 de xuño.

Alí estiveron acompañadas polas súas familias e a súa titora e profesora do departamento de Francés.

Orgullosas estamos!

17 de xuño: Taller de igualdade e recoñecemento

 
Os alumnos e as alumnas de FP Básica do primeiro curso, fixeron un acto para recoñecer a labor do profesorado elexido.

14 de xuño: Charla sobre a seguridade na rede

 
Roberto Valente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), dentro do programa da Xunta de Galicia "Plan Navega con Rumbo", amosa a vulnerabilidade e o desprotexidos que estamos nas redes.

6 de xuño: Rafting co Consello Climático

 
O alumnado de 3º e 4º da ESO, divertíronse da man de Vaguada Ventura, nunha xornada de Rafting. Moitas grazas a Laura Vidal e ó Consello Climático polo seu traballo e a súa profesionalidade e dedicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut