Skip to Content

Mércores 16 de novembro: Visita ao MUNCYT e á exposición de AI na AFundación Coruña


O alumnado do 2 ano de Ciclo Medio e o 1 ano de Ciclo Superior de Sistemas Microinformáticos e Redes realizou unha saída a A Coruña o mércores 16 de novembro onde visitaron o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) e a exposición AI: MORE THAN HUMAN.

Mércores 16 de novembro: Saída ao Teatro


O alumnado de 3º e 4º de ESO do IES Pazo da Mercé asistiu a obra de teatro Elisa e Marcela no Concello de As Neves. Esta obra narra a historia real de dúas mestras galegas que casaron pola igrexa no 1901.

Martes 15 de novembro: Charla sobre Seguridade en Dispositivos Móbiles


A profesora Cristina López Bravo pertencente ao Departamento de Enxeñeria Telemática da Universidade de Vigo deu unha charla sobre a seguridade en dispositivos móbiles para o alumnado de FP básica e 1º Ciclo Medio de IES Pazo da Mercé

Xoves 13 de novembro: premios aos gañadores do concurso de vídeos de relatos de medo.


Dende o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística e o Grupo de Biblioteca queremos presentarvos as curtametraxes realizadas polo alumnado de 1º da ESO pertinentes ao concurso de curtametraxes de Samaín do centro IES Pazo da Mercé... 

Venres 11 de novembro: Cucañas e Magosto


O alumnado do IES Pazo da Mercé disfrutou de unha xornada de xogos por equipos (Cucañas) nas que tiñan que superar diferentes probas de habilidades, inxenio e físicas. Remataron a xornada recuperando forzas celebrando o magosto e saboreando castañas.

Venres 11 de novembro: Actividade contra o cancro de pulmón.


O alumnado de 1º da ESO acudiu ao Concello de As Neves para formar un gran lazo branco con globos para sensibilizar sobre a necesidad de crear novos espazos sen fume. A Praza do Concello e o perímetro do parque infantil son Espazos Libres de Fume nos que está prohibido fumar.

Distribuir contido


by Dr. Radut