Skip to Content

Xoves 27 de outubro: Xornada de fútbol gaélico


Esta semana acudiu ao centro Aitor Avelar Lorenzo, xogador da liga galega, para dar a coñecer o Fútbol Gaélico entre o alumnado. Este xogador explicoulles que é un derporte orixinario de Irlanda, que se pode xogar cos pés e coas mans e practicaron diferentes xestos técnicos e tarefas xogadas nas dúas sesións que impartiu a 1º e 2º de ESO.

Renovación do Consello Escolar - curso 22/23

Eleccións 2022 para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do IES Pazo da Mercé, circular co anuncio da data e hora do sorteo para a constitución da Xunta Electoral aquí

A nosa biblioteca é popular ;-)

Un video realizado polo noso alumnado sobre a biblioteca xunto co equipo EDLG, foi seleccionado para celebrar o 24 de outubro, día da biblioteca.

Estamos moi orgullosas da nosa rapazada!!

Parabéns!!

Enlace

Parabéns para o Comando de Igualdade

noticia

Dous anos despois da petición do Comando de Igualdade e Diversidade!! Conseguido!!

Parabéns comando!!

LEMBRAMOS: http://www.edu.xunta.gal/centros/iespazomerce/node/1004

Xoves 29 de setembro: Inauguración do club de lectura

Este xoves quedou inagurado o club de lectura para o curso 2022-2023. A profesora Montse Santos deu a benvida ao alumnado que participa, contando este ano cunha gran recepción

Xoves 22 de setembro: Reunión do Consello Climático

Con motivo da semana dos obxectivos de desenvolvemento sostible (semana do 15-26 setembro), celebrouse a primeira reunión para o alumnado de bacharelato (que xa participou o ano pasado) e de 4º de ESO (que se apunta novo este ano).

Distribuir contido


by Dr. Radut