Skip to Content

Ministerio de Educación 2022/2023: Becas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 19 de maio de 2022 ata o 30 de setembro de 2022

Enlace aquí.

LolgoMinisterio

11 de maio: Visita a Galiciencia 2022

Este mércores o alumnado de 3º da ESO visita Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia, no Parque Tecnolóxico de Ourense. A temática á que vai dirixida este ano é a economía circular, é dicir, tratar de reducir o consumo dos recursos e recircular os xa utilizados.

Información para a participación no fondo libros de texto e axudas para o material, na ensinanza da E.S.O. Curso 2022/2023.

Enlace á Orde no Diario oficial de Galicia

 Para ter dereito á axuda, é condición imprescindible devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2021/22. 

 

As frases ou palabras en azul enlazan cos documentos que se indican. (facer Clic)

Prazos:

  • Presentación: Do 19 de maio ó 22 de xuño (Ámbolos dous inclusive)
  • Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas: 11 de xullo
  • Reclamacións: do 12 ó 13 de xullo (ata as 14:00 horas)
  • Listaxe definitiva de solicitudes admitidas: 22 de xullo

As listaxes comprobaranse no taboleiro informativo do centro (non van ser penduradas na páxina web)

10 de maio: Charla sobre Educación Oral.

A odontóloga Lucía Sales fala da importancia de ter unha boca sana ó alumnado de 1º e de 2º da ESO. Tamén da indicacións de cómo levar a cabo unha correcta limpeza bucal, ademais de amosar a través dunha maqueta, cómo limparse dun xeito correcto.

5 de maio: Obradoiro de Rosalía de Castro.

A poetisa Nuria Vilán Prado, firme defensora da poesía oral e falada, expón, recita e analiza os poemas da nosa Rosalía de Castro, xunto co alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.

30 de abril: Visita a Portugal

Alumnado de 1º e 2º ESO foron de excursión a Guimaraes. Alí visitaron o Paço dos Duques e a súa magnífica capela. Tamén viron a Igreja de São Miguel, e o Castelo de Guimaraes. Máis tarde, subiron en teleférico ao monte da Penha. No monte puideron explorar a zona e ver varios sitios de interese.

A derradeira parada da viaxe, antes de regresar ás Neves, foi Ponte da Lima; pasearon polas súas rúas, polo seu paseo fluvial, e puideron contemplar os famosos soldados romanos.

Distribuir contido


by Dr. Radut