Skip to Content

16 de febreiro: Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas

O IES Pazo da Mercé está presente na Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas de Ponteareas, amosando parte do traballo realizado nos ciclos formativos que se desenvolven no noso centro.

14 de febreiro: Charla informativa da ABAU

A Universidade de Vigo informa sobre o proceso selectivo da ABAU ó alumnado de primeiro e segundo de bacharelato.

08/02/2022: Visita ó centro de Vigo

O alumnado de 1º FPB, 2º FPB e 3º PMAR, desfrutan do día visitando o centro da cidade de Vigo e coñecéndoa en profundidade grazas a un guía profesional.

31 de xaneiro. Día Escolar da Non-violencia e a Paz ( DENIP )

O 31 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non-violencia e a Paz ( DENIP ) adicado este ano aos VALORES DO DEPORTE , nomeadamente nas figuras das deportistas olímpicas e paralímpicas: 

TERESA PORTELA,SUSANA RODRIGUEZ e TERESA PERALES.

Día 02/02/2022: Sesión de coaching con Manuel Darriba

O día de hoxe tivemos a Manuel Darriba, coach especializado en mindfulness, xestión do estrés, intelixencia emocional... En dúas sesións, unha para o alumnado de 4º ESO e outra para 2º Bacharelato, proxecta un  enfoque sobre a vida e reformula cuestións para que cale no seu público.

Acceso do alumnado de FP á universidade cun acordo para a convalidación de estudos

A Xunta de Galicia, promove o acceso do alumnado de FP á universidade cun acordo de convalidación de estudos.

Enlace á información aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut