Setembro

Tódolos e tódalas docentes deixaron os traballos para a recuperación de materias en conserxería.

Ademais, podedes descargar desta páxina o material para Inglés 1º da ESO e Inglés 2º da ESO e para Cidadanía e Educación en Valores.

O calendario de exames de setembro podedes consultalo no seguinte enlace.

Así mesmo, podedes consultar as aulas en que se realizarán os distintos exames no seguinte enlace.

O calendario xeral de setembro é:

Calendario de matrícula

Para facilitar a entrega de matrículas, organizámola por niveis nas seguintes datas:

 

 

XUÑO

1º ESO

27 DE XUÑO

2º ESO

28 DE XUÑO

3º ESO

29 DE XUÑO

4º ESO

30 DE XUÑO

1º BACHARELATO

28 DE XUÑO

2º BACHARELATO

27 DE XUÑO

  

 

 

  

SETEMBRO

1º ESO

9 DE SETEMBRO

2º ESO

9 DE SETEMBRO

3º ESO

7 DE SETEMBRO

4º ESO

8 DE SETEMBRO

1º BACHARELATO

7DE SETEMBRO

2º BACHARELATO

8 DE SETEMBRO

 

 

Materias LOMCE: consulta de materias e programacións

Para poder facer unha escolla máis informada entre as diferentes materias da matrícula poden consultar os contidos nas programacións de cada unha delas no seguinte enlace.

Tamén poden consultar as follas de matrícula nos seguintes enlaces: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO, 1º BAC CC, 1º  BAC HUM, 2º BAC CC e 2º BAC HUM.

Final de curso

27 de xuño: entrega de notas
27 e 28 de xuño: período de reclamacións
29 de xuño: resolución de reclamacións
do 27 de xuño ó 11 de xullo: matrícula para o curso 2016-17

Resultados curso 2015-16

Porcentaxe de alumnado que superou o curso ou suspendeu ata un máximo de 2 materias.

Excelentes curso 2015-16

Evolución, nos últimos 4 anos, do número de estudantes que superan todas as materias e alcanzan unha media igual ou superior ó 6,5.

Incidencias curso 2015-16

Por terceiro ano consecutivo, reducíronse as incidencias por condutas inadecuadas no noso centro. Parabéns a todas e a todos por mellorarmos o clima de convivencia no noso centro.

Actos de despedida

O luns 23 de maio xuntámonos docentes, familiares e estudantes de 2º de BAC para despedírmonos. Foi un encontro emotivo e cheo de bos presaxios para o futuro desta fantástica promoción que vai seguir dende este momento outros roteiros xa afastados do noso centro. Desexámosvos o mellor.

 

Xa en xuño, o 16, foi a vez do acto de peche de 4º da ESO: boa parte destas alumnas e alumnos seguirán no noso centro; para aquelas e aqueles que nos deixan, desexámoslles o mellor.

 

Distribuir contido