Skip to Content

Venres 13 de xaneiro: Charla sobre Políticas de Igualdade.


Este venres 13 de xaneiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato recibiu a profesora Ángela Fernández Da Silva da Universidade de Santiago que lles explicou o momento actual das políticas de igualdade de xénero e resolveu posibles dúbidas con respecto a este tema.

Mércores 11 de xaneiro: Charla sobre Climatoloxía


O profesor Armand Hernández da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña impartiu unha charla sobre a Historia do Clima da Terra ao alumnado de 4º de ESO.

Conta oficial do IES Pazo Da Merce en Instagram

Por fin estamos en Instragram, síguenos! 

@IESPAZO

 

Premios aos gañadores do concurso de Postais de Nadal


O alumnado do ciclo de Formación profesional básica de Ofimática de Oficina 1º e 2 ano, participaron e compiteron na elaboraron destas bonitas postais para Nadal.

Remate da 1ª Avaliación curso 2022/2023

 

 

Esta 1ª Avaliación remata o próximo xoves 22 de decembro, ese xoves o horario do centro será de entrada ás 9.00 e saída ás 12:15 horas.

(Os buses están avisados do cambio de horario).

O profesorado titor entregará ó seu alumnado as notas da 1ª Avaliación que levarán para casa.

Tamén podedes consultar as notas en Abalar a partir das 15:00 do xoves.

Voltaremos ás clases o luns 9 de xaneiro de 2023 en horario habitual.

O persoal do IES Pazo da Mercé desexa profundamente que todas as familias pasen un Bo Nadal e teñan un Próspero 2023!!

  

 

 

 

Venres 16 de Decembro: Postais Nadal. Módulo Ofimática. FP Básica


O alumnado do ciclo de Formación profesional básica de Ofimática de Oficina 1º e 2 ano, do Instituto, querendo desexar felices festas a todo o noso instituto, elaboraron estas bonitas postais do Nadal no módulo de Ofimática e de Operacións auxiliares da profesora Jeny DV. 

Distribuir contido


by Dr. Radut