Skip to Content

Martes 14 de febreiro: Inglés a través da Televisión


O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiu a unha charla, impartida por Cristina Mourón Figueroa, sobre a evolución da cultura británica a partir de películas e series de televisión relacionadas con momentos históricos do Reino Unido, como a época romana, anglosaxona ou mesmo as loitas da idade media.

Luns 13 de febreiro: RCP básica e uso do desfibrilador


Charla/ obradoiro de primeiros auxilios co alumnado de ciclos e FP basica.

Martes 7 de febreiro: Visita a Feira das Ensinanzas


O alumnado de 4º de ESO e 2º de FPB acudiu a Ponteareas a visitar a Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas.

Martes 7 de febreiro: Charla sobre Estatística.


O profesor Ricardo Cao, do departamento de matemáticas da Universidade da Coruña, explicou ó alumnado de 3º da ESO sobre a importancia da estatística dentro das matemáticas e aportou diferentes exemplos da utilidade da estatística na nosa vida cotiá.

Luns 6 de febreiro: Charla informativa sobre as ABAU


A Universidade de Santiago, por medio de José Manuel Monterroso Montero, informou ó alumnado de 1º e 2º de Bacharelato sobre o proceso selectivo da ABAU e resolveu posibles dúbidas con respecto a este tema.

Martes 30 de xaneiro: Día Escolar de la No Violencia y la Paz - Unicef


Hoxe celebramos o día da Paz cunha homenaxe a Martin Luther King. Para isto o alumnado de FP Básica fixeron uns Timeline e penduraron os seus traballo feitos para celebrar este día a continuación:

Timeline diseñado por Patricia

Timeline diseñado por Judith

Timeline diseñado por Guilio

Timeline diseñado por Cristofer

Timeline diseñado por Anxo

Timeline diseñado por Nazaret

 

Distribuir contido


by Dr. Radut