Skip to Content

Xoves 30 de Marzo: Participación en Proxecto decoemprende


O pasado 30 de marzo Joel, Nadine e Isaac do CM de SMR, presentaron o seu proxecto empresarial "Itavia" aos premios DemoDay, otorgados pola @deputacionPontevedra na sétima edición do programa “DepoEmprende na FP”

Viaxe a Andorra 25 de marzo ao 1 de abril


O alumnado de 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato aproveitou a última semana de marzo para aprender a esquiar ou iniciarse no snowboard na estación de esquí de Grandvalira en Andorra.

Xoves 30 de marzo: Lectura do alumnado do IES no Centro de Maiores.


O alumnado de 3º ESO B visitou o centro de Día das Neves para ler poemas e contar contos.

Martes 28 de marzo: Charla sobre o Parlamento de Galicia


Henrique Viéitez e Manuel Pérez visitaron o instituto para explicar o traballo do Parlamento de Galicia. Puidemos coñecer a súa traxectoria política e mantiveron co alumnado de 2° de BACH, 4° e 3° da ESO un interesante coloquio respondendo as súas preguntas e intercambiando opinións

Venres 24 de marzo: Visita a FP Innova Galicia 2023


O alumnado de 4ºESO e 1º Bacharelato asistiu ó Congreso de Innovación na Formación Profesional, FP Innova Galicia 2023, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

venres 10 de marzo : Recital poético musical do grupo Trobar-dos


Este venres 10 de marzo, o alumnado dende 1º ESO ata 2º de Bacharelato, asistiu a un recital poético no Auditorio de As Neves, a cargo do grupo TrovarDos, para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Distribuir contido


by Dr. Radut