Skip to Content

Xoves 18 de maio: Visita a Porto.


O alumando de portugués fixo unha saída a Porto para visitar a Catedral, o Parque do Museu Serralves, o Estadio do Dragao, o Planetario e a librería Lello e Irmao

Martes 16 de maio: Conmemoración Día das Letras Galegas.


Para conmemorar o Día das Letras Galegas celebrouse un acto no IES Pazo da Mercé coa lectura da biografía do homenaxeado de este ano, o escritor galego Francisco Fernández del Riego, por un alumno de 1º de ESO.

Martes 16 de maio: Visita ó CESGA.


O alumnado de ciclo superior visitou o CESGA en Santiago.

Luns 15 de maio : Andaina camiño dos pescadores


O alumnado de 1º e 2º da FPB fixo un roteiro polo camiño dos pescadores, do Concello das Neves, co obxectivo de procurar información sobre a natureza e historia da nosa comarca para empregarlo nun traballo investigativo da unidade de reprografia do módulo de Ofimática.

Luns 15 de maio: Charla da Garda Civil contra a violencia de xénero.


O alumnado de 2º e 3º de ESO recibiu unha charla da guarda civil contra a violencia de xénero, poñendo de relevancia as situacións nas que se produce este tipo de conductas e concienciando da visualización dos diferentes xeitos nas que ocorre.

Xoves 11 de maio: "Charla co escritor Núñez Singala"


O alumnado de 2º, 3º e 4º ESO recibiu a visita do escritor Manuel Núñez Singala.

Distribuir contido


by Dr. Radut