Skip to Content

XXIV ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS DE SANTAREM

As alumnas de 1º de Bacharelato, Irene Fernández e Diana Groba,participaron no XXIV Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas da Unesco que tivo lugar en Santarem os días 19, 20 e 21 de xaneiro.

Por segundo ano consecutivo e por mor da pandemia, se realizou online.

O tema do encontro foi: “Diversidade cultural:as linguas indíxenas,factor de sustentabilidade do Planeta Terra” enmarcado no ámbito da década internacional das linguas indíxenas.

Esta temática está incluída no ámbito dos ODS que se encadran na axenda 2030.

Este Encontro tiña como obxectivos principais concienciar ás persoas sobre a inclusión dos pobos indíxenas na sociedade, alertando sobre os seus dereitos e aumentando a conciencia sobre na importancia das linguas indíxenas e/ou minoritarias para o desenvolvemento sostible.

Participaron escolas de España, Portugal, Alemaña, Italia, Estados Unidos e Brasil.

O IES Pazo da Mercé presentou un traballo sobre “ As antigas falas gremiais: cestaría, venda ambulante,albanelería, tellaría etc...



page | by Dr. Radut