Estamos de celebración: Viva o entroido!

Estamos a celebrar o Entroido, comezámolo no IES e logo continuarémolo cadaquén na súa casa. Por iso, a pasalo moi ben, correde o entroido, comede filloas, orellas, cachucha de porco, grelos... e lembrade que tedes que estar de volta o 2 de marzo! Pasádeo moi ben.

Folga de alumnado o xoves 16 de febreiro

A presidenta da Xunta de Delegados do IES Pazo da Mercé comunicoulle á Dirección do centro no día de onte que, tras a celebración dunha Asemblea de Estudantes, o alumnado deste centro se sumaba á folga convocada para o xoves 16 de febreiro. Esta ten como obxectivo solicitar a paralización e retirada da LOMCE.

Desde a Dirección así se lles comunicará no día de hoxe ás familias e a toda a comunidade educativa do centro.

Datos académicos e de convivencia da 1ª avaliación

Achéganse os datos sobre os resultados académicos da 1ª avaliación así como os referidos á convivencia no centro durante o 1º trimestre.

Lémbrase a toda a comunidade que na ESO unha cualificación negativa en Matemáticas e mais unha Lingua (galega ou castelá) impide promocionar ao seguinte curso.

Datos académicos e de convivencia

Repoboamento de especies de xardín no centro

Coa colaboración da Deputación e o Concello estase a repoboar algunhas zonas axardinadas do noso centro. As diferentes especies foron seleccionadas con criterios técnicos e estéticos. Non tardaremos moito en poder gozar plenamente delas.
Novas especies de xardínNovas especies de xardínNovas especies de xardínNovas especies de xardínNovas especies de xardín

Medidas adoptadas ante os desperfectos no tellado do centro.

Tras os desperfectos causados no tellado do instituto por mor do temporal da última semana, decidiuse en colaboración co Concello, acotar por seguridade algunhas zonas do patio. Os técnicos determinarán máis medidas para dar solución ao problema.

Medidas adoptadasMedidas adoptadasMedidas adoptadasMedidas adoptadasMedidas adoptadas
Distribuir contido