Skip to Content

CONTACTO E HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DO PROFESORADO

Nos documentos adxuntos infórmase a nais, pais e titores legais do noso alumnado do correo electrónico e horas de atención a familias de titores/ as, profesorado, equipo directivo e orientadores do centro.

No caso da atención dos titores/as recoméndase pedir cita previa (chamando ao instituto ou por medio do alumno/a), para que os titores/as poidan solicitar toda a información necesaria ao resto do profesorado que imparte materias no grupo.

Este curso a atención será principalmente telefónica, sendo os titores/as os que se porán en contacto coas familias a través dos teléfonos indicados na matrícula.

Lembramos que tamén poden contactar co centro no teléfono 988 220247 e no correo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.es

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 21/22

Prezadas familias, achegamos o plan de adaptación á situación COVID no noso IES.

Calquer achega será ben recibida

Atentamente

O equipo directivo

 

ACCESO Á AULA VIRTUAL POR PARTE DO ALUMNADO

Debido á situación de incerteza na que nos atopamos, e tentando traballar coa maior previsión posible, dende o centro está a traballarse para que todo o alumnado poida, en caso de ser necesario, seguir a actividade docente dende as súas casas a través da nosa AULA VIRTUAL.

 

A maior parte do alumnado xa traballou desde a nosa plataforma, sabendo xa utilizala.

Para facilitar o acceso á mesma para o alumnado novo, temos elaborado uns vídeos nos que queremos guialos nos primeiros pasos que dean na nosa plataforma.

O primeiro que teñen que facer é acceder á AULA VIRTUAL (podedes acceder a ela clicando na imaxe)

Na aula atópanse todos os cursos que se desenvolven no centro. Para acceder a eles hai distintas opcións:

  • como convidados (non é necesario  indentificarse )
  • como convidados con contrasinal (que lles facilitará o docente de cada curso)
  • como usuario identificado

Esta última opción é a que máis nos interesa, xa que permite ao alumno/a entrar nos cursos que nos que estea matriculado e alí realizar actividades, entregar tarefas ou comunicarse co seu docente.

 

No primeiro vídeo explicámosvos como entrar identificados na aula Virtual (fai clic na imaxe para entrar)

 

Unha vez dentro é necesario, se é o primeiro acceso, cambiar o contrasinal (a unha persoal) e comprobar a conta de correo electrónico e cambiala en caso de ser necesario. Isto explícase no seguinte vídeo (clica na imaxe)

 

HORARIO PRESENTACIÓNS

 

O recibimento do alumnado farase no patio posterior ao que se accedera exclusivamente a través do aparcadoiro (enreixado lateral, ver fotografía)  nos seguintes horarios:

 

A porta abrirase 10 min antes

A partir do luns o horario ordinario de clases será de 8:30 a 14:00 (ESO) e de 15:30 a 21:00 (Bacharelato)

 

 

INICIO DE CURSO

Prezadas familias,

No serán de onte, a administración educativa comunicounos que aumenta en 10 docentes a nosa plantilla de profesorado. Esta decisión implica manter ensinanza presencial en tódolos niveis, desdobrando grupos que pasarán a ser máis reducidos para poder manter o metro e medio de distancia entre pupitres. Debido á ausencia de aulas suficientes, a ensinanza de bacharelato será en horario vespertino.

 

Esta decisión da administración chega a unha semana do inicio das clases, co que lle pregamos comprensión ás familias neste inicio de curso que, sen dúbida, será difícil de organizar. En canto teñamos a información completa sobre presentación, grupos e horarios farémola chegar polas canles habituais.

 

Reciban un saúdo

O equipo directivo

 

INICIO DE CURSO

Prezadas familias,

desgraciadamente a día de hoxe a única información certa que temos para ofrecer é o adiamento do curso escolar para os días  23, 24 e 25 de setembro. Estamos a espera da decisión da Consellería sobre o número de docentes asignados ao noso centro.

En canto teñamos algunha certeza, trasladaremos a información sobre o inicio do curso escolar de xeito inmediato

Un saúdo

O equipo directivo

 

COMUNICADO DO CENTRO

Prezadas familias,

a día de hoxe non podemos dar información concreta de horarios no inicio de curso nin outra información que a estas alturas xa teriamos proporcionado nunha situación normal. 

Estamos traballando para garantir, na medida das nosas posibilidades, unha volta ás aulas segura dentro do posible. En canto as autoridades educativas nos dean instrucións concretas para a aplicación á realidade do noso centro do protocolo COVID-19 trasladaremos toda a información á comunidade educativa.

Somos plenamente conscientes de que a unha semana do inicio de curso esta incertidume pode xerar malestar. Por iso vos pedimos desculpas pero tamén pedimos comprensión xa que, unha vez máis dende que se iniciou esta crise sanitaria, o centro non pode tomar decisións que non lle corresponden.

Un saúdo

O equipo directivo

 

DEVOLUCIÓN EXTRAORDINARIA LIBROS ANPA

ATENCIÓN DURANTE O MES DE AGOSTO

Dende o luns día 3 de agosto ata o domingo 23 de agosto as instalacións do centro permanecerán pechadas por obras. Para calquer xestión que precisen poden contactar co equipo directivo no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.es 

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO CURSO 2019/2020:

Pode participar todo o alumnado que finalizase a ESO no curso 2019/20, fose proposto para título na convocatoria ordinaria e obtivese unha nota media da etapa igual ou superior a 9.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 27 de xullo ao 21 de agosto de 2020.

Aquel alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá 750 EUR e, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Mais Información

Convocatoria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut