Skip to Content

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO, CURSO 2019/2020:

Pode participar todo o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019/20, fose proposto para título na convocatoria ordinaria e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo para facer a solicitude será dun mes a partir do 23 de xullo.

Aquel alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá 1.000 EUR e, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Convocatoria

Mais información

 

PARABÉNS A SOFÍA

Comprácenos moito compartir con toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo a nosa ledicia polos grandes resultados do noso alumnado nas probas ABAU e, en especial, da nosa alumna Sofía Salgado Pontón, que obtivo a mellor nota da provincia e unha das mais altas de Galicia.

Os nosos parabéns para ti, Sofía, que extendemos a todo o alumnado, polo excelente remate deste curso tan duro. Unha aperta moi grande.

Sofía Salgado Pontón

https://www.laregion.es/articulo/ourense/estudiante-otero-pedrayo-mejor-nota-selectividad-ourense/20200720142606961497.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/07/21/sacar-nota-alta-condicionante-elegir-determinados-estudios/0003_202007O21C4991.htm

STEMBACH Otero Pedrayo

O alumnado que se matricule en 1º Bacharelato na modalidade de Ciencias pode solicitar a participación no STEMBACH de nova implantación no centro o curso 2020-21.

Mais información sobre este Bacharelato no seguinte documento:

RAÑOLAS 2020

 Xa está aquí un novo número da Revista Rañolas (premede na imaxe para acceder ).

A pesar das dificultades vividas ou, precisamente, porque non podiamos deixarnos superar por esas dificultades, presentámosvos con moito orgullo un novo número de Rañolas.

 

Agardamos que desfrutedes dela!

 

"Fe de erratas: o artigo Concepción Arenal, quen foi?" é autoría de Eva Outeiriño Fernández. Pregámoslle que desculpe o erro"

 

ACUARIO TROPICAL NO IES OTERO PEDRAYO DE OURENSE

Acuario de Arrecife Tropical instalado no IES Otero Pedrayo de Ourense, como resultado do Grupo de Traballo interdepaertamental constituido no curso 2019-2020. Este Grupo de Traballo foi apoiado polo CFR de Ourense e pola Dirección do propio instituto. As imaxes son de xuño de 2020, tras varios meses funcionando en automático e sen mortandade. Temos corais e peixes. O proxecto serviu de base para plantexar unha proposta de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEM BACH) para que empece a funcionar no ano académico 2020-2021. Plantéxase a colaboración e sinerxia entre os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía. Pódese consultar máis información en : http://scniescaxl.blogspot.com/2020/0...

 

OLIMPÍADA HISTORIA

¡Noraboa ós alumnos e alumnas de 4º ESO Leila Durán, Xaquín Conde, Carla Troitiña e Raúl Vilas e á súa profesora Monse, polo 3º posto na Olimpíada galega de Historia organizada pola Facultade de Historia de Ourense e celebrada o día 29 de maio de xeito virtual!
Grazas polo voso enorme esforzo e dedicación!

HORARIOS 2º DE BACHARELATO

INCORPORACIÓN ALUMNADO 2º DE BACHARELATO

O próximo luns 25 de maio o alumnado de 2º de bacharelato incorporarase de xeito voluntario nos seguintes horarios:

2º BACH Grupos A e B   9:30

2º BACH Grupos C, D e E 10:30

2º BACH Adultos. 9:30

 

O acceso será a través do aparcadoiro do edificio histórico do IES

É obrigatorio o uso de mascarillas

Gardarase en todo momento a distancia de seguridade (non xuntarse en grupos nos arredores do IES antes da entrada)

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Tódalas solicitudes de nova admisión para o curso académico 2020-2021, para os cursos 1º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato foron admitidas polo que non é preciso entregar documentación xustificativa  para o baremo.

As solicitudes para 2º,3º e 4º da ESO deberán presentar a documentación (se non o fixeron xa) nas datas comprendidas entre o 20 e o 26 de maio.

 

As listas provisionais estarán expostas o 09 de xuño.

Ourense, 20 de maio de 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut